Jehan Sadat
(1995) | |
Nome orixinal | (ar) جيهان السَّادات |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) جيهان صفوت رؤوف 29 de xullo de 1933 O Cairo, Exipto |
Morte | 9 de xullo de 2021 (87 anos) Exipto |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Unknown Soldier Memorial (en) |
First Lady of Egypt (en) | |
15 de outubro de 1970 – 6 de outubro de 1981 ← Tahia Kazem (pt) – Suzanne Mubarak (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade do Cairo - Doutora en filosofía (–1986) |
Actividade | |
Ocupación | política, escritora, profesora universitaria, Activista polos dereitos humanos, poetisa |
Empregador | Universidade de Carolina do Sur Radford University (en) American University (pt) Universidade de Maryland |
Familia | |
Cónxuxe | Anwar el-Sadat (1949–1981) |
Fillos | Lubna Sadat, Nukha Sadat, Jamal Sadat, Jikhan Anwar Sadat |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Jehan Sadat[1] (en árabe: جيهان السادات Jīhān as-Sādāt ou چيهان السادات Zhīhān as-Sādāt)[2] nada no Cairo o 29 de agosto de 1933 e finada o 9 de xullo de 2021,[3] foi unha profesora exipcia.[4]
Viúva de Anwar Sadat, foi a Primeira Dama de Exipto dende 1970 até o asasinato de Sadat en 1981.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jehan Sadat, tamén deletreado Jihan, naceu como Jehan Safwat Raouf (en árabe: جيهان صفوت رؤوف Jīhān Ṣafwat Raʼūf ou چيهان صفوت رؤوف Zhīhān Ṣafwat Raʼūf) no Cairo, filla dunha familia de clase media alta dun pai cirurxián exipcio (Safwat Raouf), e unha nai profesora de música inglesa (Gladys Cotterill). A súa nai foi a filla de Charles Henry Cotterill, un superintendente de policía da cidade de Sheffield. Foi criada como musulmá de acordo cos desexos do seu pai, pero tamén asistiu a unha escola secundaria cristiá para nenas no Cairo.
Durante a súa festa de décimo quinto aniversario coñeceu ó seu futuro esposo, Anwar el-Sadat, pouco despois da súa saída do cárcere. Ela e Sadat casaron o 29 de maio de 1949, despois de diversas dúbidas e das obxeccións dos seus pais á idea de que a súa filla casase cun revolucionario sen emprego. El tiña 31 anos e Jehan tiña 15 anos e 9 meses de idade. Sadat foi posteriormente parte dos membros principais do Movemento de Oficiais Libres que levaron á revolución exipcia de 1952, a cal derrocou a monarquía de Exipto e Sudán.
Ó longo de 32 anos, Jehan foi unha esposa de apoio para a crecente carreira política do seu marido, que chegaría a converterse en presidente de Exipto. A súa traxectoria como primeira dama de Exipto serviu para cambiar a vida de millóns de persoas no seu país, e serviu como modelo para as mulleres de todo o mundo. Axudou a cambiar a imaxe do mundo das mulleres árabes na década de 1970, mentres que realizaba traballo voluntario e participaba no servizo non gobernamental en axuda ós menos afortunados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jehan Sadat, Ph.D. Arquivado 10 de xuño de 2018 en Wayback Machine. páxina oficial.
- ↑ Zhīhān al-Sadāt: al-marʼah allatī ḥakamat Miṣr! Entrada de WorldCat (en inglés)
- ↑ "Jehan Sadat, wife of late Anwar Sadat, dies after short battle with illness: Reports". Al Arabiya English (en inglés). 9 de xullo de 2021. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ Zhīhān al-Sadāt: al-marʼah allatī ḥakamat Miṣr! Entrada de WorldCat (en inglés).