Universidade de Carolina do Sur
Universidade de Carolina do Sur | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Carolina do Sur |
Fundación | 1801 |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Carolina do Sur (University of South Carolina en inglés) é unha universidade pública situada en Columbia, Carolina do Sur, Estados Unidos de América. Pertence ao Sistema da Universidade de Carolina do Sur, xunto con outras sete universidades públicas do estado. Foi fundada en 1801 como South Carolina College[1].
Aceptación do alumnado
[editar | editar a fonte]A taxa de aceptación da universidade é do 5%. Isto significa que de cada 100 estudantes, só 5 chegan a ser aceptados, sendo extremadamente selectiva[2].
Varias universidades estadounidenses foron acusadas de racismo á hora de aceptar estudantes hispanos, afroamericanos ou asiáticos.
O asasinato policial de George Floyd en maio de 2020 levou á eliminación de nomes de edificios e estatuas a racistas e confederados en todo o Sur dos EEUU, pero en Carolina do Sur, non sucedeu, por mor da Lei de Patrimonio do ano 2000 que esixe un voto de dous terzos da Asemblea Xeral para renomear calquera edificio. En 2022 a Universidade de Carolina do Sur sacou un comunicado dicindo que non patrocinaba o 'White Student Accountability Group'[3].
Acrónimo
[editar | editar a fonte]O nome da University of South Carolina é ás veces é abreviado coas siglas SC, UofSC e USC[1], o mesmo que a Universidade de Santiago de Compostela (fundada en 1495), a Universidade de San Carlos (Manila, s. XVII-XVIII), a Universidade do Sur de California, University of South California (fundada en 1880), a Universidade do Sur do Caribe University of Southern Caribbean en Trinidad e Tobago (fundada en 1927) e a Universidade Santiago de Cali (fundada en 1958).
Centros educativos
[editar | editar a fonte]Consta de catorce facultades e escolas :
- Facultade de Artes e Ciencias
- Escola Moore de Negocios
- Facultade de Hostalería, Vendas, e Administración deportiva
- Facultade de Enxeñaría e Informática
- Facultade de Ciencias da Comunicación e Información
- Facultade de Educación
- Facultade de Enfermaría
- Escola de Saúde Pública Arnold
- Escola de Música
- Facultade de Traballo Social
- Facultade de Farmacia
- Facultade de Dereito
- Facultade de Medicina
- Escola de Posgrao (The Graduate School)
Deportes
[editar | editar a fonte]Carolina do Sur compite na NCAA Division I Southeastern Conference .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "OUR HISTORY". University of South Carolina (en inglés). Consultado o 2022-07-10.
- ↑ "Universidad de Carolina del Sur en Columbia: 2022 Perspectiva general, admisión y recorridos virtuales". www.campusreel.org (en castelán). Consultado o 2022-07-10.
- ↑ Sabes, Adam (2022-05-05). "University of South Carolina blasted over 'White Student Accountability' meeting". Fox News (en inglés). Consultado o 2022-07-10.