Jennifer Capriati
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Jennifer Marie Capriati 29 de marzo de 1976 (48 anos) Nova York, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Residencia | Wesley Chapel (pt) Nova York | ||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1990–) | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 5 de marzo de 1990 - 2004 | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 10.206.639 $ | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro e revés a dúas mans | ||||||||||||||||||||
Adestrado por | Harold Solomon | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||
1992 | tennis at the 1992 Summer Olympics – women's singles (en) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Parella | Xavier Malisse | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
Jennifer Marie Capriati, nada en Wesley Chapel (Florida) o 29 de marzo de 1976 é unha ex xogadora de tenis estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jennifer aprendeu a xogar ao tenis moi pequena, xa que o seu pai Stephano lle deu as primeiras clases. Cando era máis nova foi adestrada por Chris Evert. Converteuse en profesional o 5 de marzo de 1990, aos trece anos de idade, co seu debut no WTA Tour de Boca Raton. Converteuse na xogadora profesional máis nova que xogou unha final, con trece anos e once meses. No seu camiño derrotou catro xogadoras cabeza de serie, entre elas a número 10 do mundo, Helena Suková.
O 9 de abril de 1990 debutou na clasificación da WTA no posto vinte e cinco. Ese mesmo ano converteuse na sefinalista máis nova en Roland Garros, con 14 anos e 2 meses, perdendo ante Monica Seles. Isto colocouna entre as vinte primeiras da WTA.
No torneo de Wimbledon dese ano, converteuse na muller máis nova de todas as cabezas de serie, sendo a número 12. Capriati gañou o seu primeiro título en Porto Rico, derrotando a Zina Garrison na final e converténdose na cuarta xogadora máis nova que gañou un título. Isto permitiuna entrar no top 10 do mundo, a máis nova en logralo, con 14 anos e 235 días. Ese mesmo ano, xogou coa número un Steffi Graf un partido de tres sets e acabou a temporada como número 8 do mundo.
En 1991 alcanzou a súa segunda semifinal de Grand Slam de forma consecutiva con 15 anos e 95 días, converténdose na semifinalista máis nova de Wimbledon derrotando a Martina Navratilova nos cuartos de final. Venceu a número un do mundo Monica Seles ese ano e tamén defendeu o campionato contra Gabriela Sabatini no Aberto dos Estados Unidos. En 1992 chegou a tres cuartos de final do Grand Slam. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, derrotando a Steffi Graf no partido pola medalla de ouro.
Despois dalgunhas derrotas decepcionantes en 1993, Jennifer Capriati tomou un descanso das competicións para concentrarse na súa educación universitaria, e despois viuse envolta nunha serie de problemas persoais e legais. Descuberta roubando nunha tenda en decembro de 1993, Capriati foi arrestada tamén por posesión de marihuana en maio de 1994. Volveu ás competicións de tenis en novembro dese ano, mais xogou só un partido, que perdeu para de novo deixar de xogar durante quince meses. Descendeu do top 10 en xaneiro de 1994 e non xogou no WTA tour en 1995.
Volveu ás competicións en 1996, e aínda que tivo un comezo dubitativo, gañou o título individual de Luxemburgo o 25 de setembro de 2000.
En 2001 comezou un regreso con éxito, gañando o Aberto de Australia e Roland Garros e defendeu con éxito o ano seguinte o título australiano. Perdeu o seu primeiro partido de defensa do Aberto de Australia. Non obstante, gañou o título individual en New Haven, Connecticut o 18 de agosto do mesmo ano, culminando o ano no top 10 a WTA por sexta vez.
En 2003 tiña 14 títulos individuais gañados e un dobre xunto a Monica Seles, obtido en 1991 no Aberto de Italia. Foi número un en varias ocasións en 2001 e 2002. En xaneiro de 2004 retirouse do Aberto de Australia debido a un problema no seu lombo. En agosto, viuse forzada a abandonar o equipo de tenis dos Estados Unidos para os Xogos Olímpicos por unha lesión nun tendón e foi substituída por Lisa Raymond. En setembro, no Aberto dos Estados Unidos, foi derrotada unha vez máis.
O 15 de abril de 2012, foi incluída no Salón da Fama do Tenis como recoñecemento á súa carreira deportiva.[1]
Torneos do Grand Slam (3)
[editar | editar a fonte]Individuais
[editar | editar a fonte]Títulos (3)
[editar | editar a fonte]Ano | Torneo | Opoñente na final | Resultado |
2001 | Aberto de Australia | Martina Hingis | 6-4, 6-3 |
2001 | Roland Garros | Kim Clijsters | 1-6, 6-4, 12-10 |
2002 | Aberto de Australia | Martina Hingis | 4-6, 7-6(7), 6-2 |
Títulos WTA (15; 14+1)
[editar | editar a fonte]Individuales (14)
[editar | editar a fonte]Lenda |
Grand Slam (3) |
WTA Tour Championships (0) |
Xogos Olímpicos (1) |
Tier I (2) |
Tier II (4) |
Tier III (3) |
Tier IV & V (1) |
N.º | Data | Torneo | Superficie | Opoñente na final | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1. | 22 de outubro de 1990 | San Xoán | Dura | Zina Garrison | 5-7, 6-4, 6-2 |
2. | 29 de xullo de 1991 | San Diego | Dura | Monica Seles | 4-6, 6-1, 7-6(2) |
3. | 5 de agosto de 1991 | Toronto | Dura | Katerina Maleeva | 6-2, 6-3 |
4. | 27 de xullo de 1992 | Xogos Olímpicos | Terra batida | Steffi Graf | 3-6, 6-3, 6-4 |
5. | 24 de agosto de 1992 | San Diego | Dura | Conchita Martínez | 6-3, 6-2 |
6. | 11 de xaneiro de 1993 | Sídney | Dura | Anke Huber | 6-1, 6-4 |
7. | 17 de maio de 1999 | Estrasburgo | Terra batida | Elena Likhovtseva | 6-1, 6-3 |
8. | 1 de novembro de 1999 | Quebec | Dura | Chanda Rubin | 4-6, 6-1, 6-2 |
9. | 25 de setembro de 2000 | Luxemburgo | Dura | Magdalena Maleeva | 4-6, 6-1, 6-4 |
10. | 15 de xaneiro de 2001 | Aberto de Australia | Dura | Martina Hingis | 6-4, 6-3 |
11. | 16 de abril de 2001 | Charleston | Terra batida | Martina Hingis | 6-0, 4-6, 6-4 |
12. | 28 de maio de 2001 | Roland Garros | Terra batida | Kim Clijsters | 1-6, 6-4, 12-10 |
13. | 14 de xaneiro de 2002 | Aberto de Australia | Dura | Martina Hingis | 4-6, 7-6(7), 6-2 |
14. | 18 de agosto de 2003 | New Haven | Dura | Lindsay Davenport | 6-2, 4-0, ret |
Finalista (17)
[editar | editar a fonte]# | Data | Torneo | Superficie | Opoñente na final | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1. | 11 de marzo de 1990 | Boca Raton | Dura | Gabriela Sabatini | 4-6, 5-7 |
2. | 8 de abril de 1990 | Charleston | Terra batida | Martina Navrátilová | 2-6, 4-6 |
3. | 17 de novembro de 1991 | Filadelfia | Dura | Monica Seles | 5-7, 1-6 |
4. | 22 de agosto de 1993 | Toronto | Dura | Steffi Graf | 1-6, 6-0, 3-6 |
5. | 3 de novembro de 1996 | Chicago | Dura | Jana Novotná | 4-6, 6-3, 1-6 |
6. | 12 de xaneiro de 1997 | Sydney | Dura | Martina Hingis | 1-6, 7-5, 1-6 |
7. | 5 de novembro de 2000 | Québec City | Dura (i) | Chanda Rubin | 4-6, 2-6 |
8. | 25 de febreiro de 2001 | Oklahoma City | Dura (i) | Monica Seles | 3-6, 7-5, 2-6 |
9. | 1 de abril de 2001 | Miami | Dura | Venus Williams | 6-4, 1-6, 6-7(4) |
10. | 13 de maio de 2001 | Berlín | Terra batida | Amélie Mauresmo | 4-6, 6-2, 3-6 |
11. | 19 de agosto de 2001 | Montreal | Dura | Serena Williams | 1-6, 7-6(7), 3-6 |
12. | 3 de marzo de 2002 | Scottsdale | Dura | Serena Williams | 2-6, 6-4, 4-6 |
13. | 1 de abril de 2002 | Miami | Dura | Serena Williams | 5-7, 6-7(4) |
14. | 18 de agosto de 2002 | Montreal | Dura | Amélie Mauresmo | 4-6, 1-6 |
15. | 29 de marzo de 2003 | Miami | Dura | Serena Williams | 6-4, 4-6, 1-6 |
16. | 27 de xullo de 2003 | Stanford | Dura | Kim Clijsters | 6-4, 4-6, 2-6 |
17. | 16 de maio de 2004 | Roma | Terra batida | Amélie Mauresmo | 6-3, 3-6, 6-7(6) |
Dobres (1)
[editar | editar a fonte]Lenda |
Grand Slam (0) |
WTA Tour Championships (0) |
Xogos Olímpicos (0) |
Tier I (12) |
Tier II (0) |
Tier III (0) |
Tier IV & V (0) |
N.º | Data | Torneo | Superficie | Parella | Opoñentes na final | Resultado |
1. | 12 de maio de 1991 | Roma | Terra batida | Monica Seles | Nicole Bradtke Suráfrica Elna Reinach |
7-5, 6-2 |
Finalista (1)
[editar | editar a fonte]N.º | Data | Torneo | Superficie | Parella | Opoñentes na final | Resultado |
1. | 21 de xuño de 2003 | Eastbourne | Herba | Magüi Serna | Lindsay Davenport Lisa Raymond |
3-6, 2-6 |
Clasificación histórica nos Grand Slams
[editar | editar a fonte]Torneo | 1990 | 1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | Career SR |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aberto de Australia | A | A | QF | QF | A | A | A | 1R | A | 2R | SF | W | W | 1R | A | 2 / 8 |
Roland Garros | SF | 4R | QF | QF | A | A | 1R | A | A | 4R | 1R | W | SF | 4R | SF | 1 / 11 |
Wimbledon | 4R | SF | QF | QF | A | A | A | A | 2R | 2R | 4R | SF | QF | QF | QF | 0 / 11 |
Aberto dos Estados Unidos | 4R | SF | 3R | 1R | A | A | 1R | 1R | 1R | 4R | 4R | SF | QF | SF | SF | 0 / 13 |
Grand Slam SR | 0 / 3 | 0 / 3 | 0 / 4 | 0 / 4 | 0 / 0 | 0 / 0 | 0 / 2 | 0 / 2 | 0 / 2 | 0 / 4 | 0 / 4 | 2 / 4 | 1 / 4 | 0 / 4 | 0 / 3 | 3 / 43 |
A = Ausente, non participou no torneo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kuerten e Capriati entran no Salón da Fama do Tenis". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Wesley Chapel, Florida
- Nados en 1976
- Medallistas olímpicos en tenis
- Tenistas femininas dos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América