Jennifer Lawrence
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jennifer Shrader Lawrence 15 de agosto de 1990 (34 anos) Indian Hills (Estados Unidos de América) |
Residencia | Os Ánxeles Chicago Nova York |
Grupo étnico | Xermanos estadounidense, irlandoamericano, French Americans (en) , suízo-estadounidense e británico-estadounidense |
Altura | 1,75 m |
Lateralidade | manicho |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | actriz, produtora, guionista de cinema, actriz de dobraxe, actriz de televisión, actriz de cinema, directora de cinema |
Período de actividade | 2007 - |
Membro de | |
Movemento | Time's Up |
Patrimonio estimado | 120 M$ (2018) |
Familia | |
Cónxuxe | Cooke Maroney (2019–) |
Parella | Darren Aronofsky (2016–2017) Chris Martin (2014–2015) Nicholas Hoult (2010–2014) |
Pai | Francis Lawrence |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Jennifer Shrader Lawrence, nada o 15 de agosto de 1990 en Indian Hills, Kentucky,[1][2][3] é unha actriz estadounidense de cinema e televisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo a máis pequena de tres irmáns, o seu interese pola interpretación comezou cando era moi pequena. Na súa nenez tamén tivo interese polos deportes. Cando tiña 14 anos fixo unha viaxe a Nova York que cambiou a súa vida. Uns axentes quedaron impresionados coa rapariga cando lle fixeron unha proba para un pequeno papel.[4][5] Dicían que nunca viran unha lectura en frío tan ben feita polo que aconsellaron aos pais a que pasara un verán facendo unha curso de interpretación. Graduouse en secundaria dous anos antes do normal co fin de comezar canto antes co seu traballo como actriz.
Carreira artística
[editar | editar a fonte]2006-2008: comezos na televisión e o cine independente
[editar | editar a fonte]Os seus comezos caracterizáronse polas espontáneas aparicións nas series de televisión, sendo a maioría series de moito éxito en audencia e que aínda son recordadas a día de hoxe polo público. Estas series eran: Monk, Caso aberto ou Medium. No 2007 obtivo o seu primeiro papel importante, un dos papeis do elenco como protagonista da comedia The Bill Engvall Show, serie que estivo en emisión durante dous anos e na cal a presenza de Jennifer mantívose durante trinta capítulos. A serie rematou cando o seu produtor, Troni Mcburger, decidiu orientar os seus intereses noutros proxectos.
Lawrence meteuse no mundo do cine en 2008, interpretando papeis estelares de corte independente como The Poker House, no cal actuou con Selma Clair. Ela interpretaba a unha rapaza nova que era vítima do maltrato e de abusos; Garden Party, proxectos que pasaron desapercibidos para o público. Tras a realización de varios proxectos sen moito éxito, Jennifer volveu probar sorte no cine independente na longametraxe Lejos de la tierra quemada, na cal compartiu créditos con grandes estrelas de cine como Charlize Theron e Kim Basinger. Ela interpretaba a Mariana, unha adolescente marcada pola morte da súa nai. A película tivo malas críticas e non lle foi ben nos portelos, porén a interpretación da actriz tivo comentarios positivos, recibindo así o premio no Festival de Cine de Venecia á mellor actriz revelación.
2009-2010: Winter´s Bone, revelación e primeiro nomeamento aos Óscar
[editar | editar a fonte]Trala boa aceptación recibida por parte da crítica grazas ao seu papel como Mariana, Lawrence seguiu probando sorte noutras películas. Entre os proxectos nos cales formou parte destaca a longametraxe da directora Debra Granik, Winter´s Bone, na que compartía protagonismo con John Hawkes e Garret Dillahunt. No filme interpretaba a Ree Dolly, unha moza de 17 anos que estaba a cargo da súa empobrecida familia e que se viu obrigada a emprender un perigoso camiño para atopar ao seu pai e evitar que a súa familia quedase na rúa, debido a que o seu pai usou o título da casa para ter liberdade provisional e debía presentarse a un xuízo para conservala. A película foi galardoada con numerosos e prestixiosos premios da crítica cinematográfica e foi considerada como unha das mellores do ano. Así mesmo, Lawrence recibiu moitas loanzas grazas á súa interpretación, facendo así que fose considerada como unha das promesas cinematográficas da súa xeración, recibindo moitos galardóns da industria cinematográfica, destacando os premios de festivais de gran recoñecemento como Festival de Cine de Detroit e o Festival de Estocolmo e nomeamentos aos premios Óscar, SAG e Globos de Ouro na categoría de mellor actriz protagonista. Para prepararse para este papel, Lawrence tivo que aprender a disparar unha arma e a cazar animais.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2008 | Garden Party | Tiff | |
2008 | The Poker House | Agnes | |
2008 | The Burning Plain | Mariana | |
2010 | Winter's Bone | Ree Dolly | |
2011 | Like Crazy | Sam | |
2011 | The Beaver | Norah | |
2011 | X-Men: First Class | Raven Darkholme/Mystique | |
2012 | Os xogos da fame | Katniss Everdeen | |
2012 | House at the End of the Street | Elissa Cassidy | |
2012 | Silver Linings Playbook | Tiffany Maxwell | Óscar á mellor actriz |
2013 | Devil You Know | Zoe (de moza) | |
2013 | The Hunger Games: Catching Fire | Katniss Everdeen | |
2013 | American Hustle | Rosalyn Rosenfeld | |
2014 | Serena | Serena Pemberton | |
2014 | The Amazing Spider-Man 2 | Raven Darkholme / Mística | |
2014 | X-Men: Days of Future Past | Raven Darkholme / Mística | |
2014 | Dumb and Dumber To | Fraida Felcher | Cameo |
2014 | The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 | Katniss Everdeen | |
2015 | The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 | Katniss Everdeen | |
2015 | Joy | Joy Mangano | |
2016 | X-Men: Apocalypse | Raven Darkholme / Mística | |
2016 | Passengers | Aurora | |
2017 | Mother! | Nai | |
2018 | Red Sparrow | Dominika Egorova | |
2019 | Love, Antosha | Ela mesma | Documental |
2019 | Dark Phoenix | Raven Darkhölme / Mystique | |
2021 | Don't Look Up | Kate Dibiasky | |
TBA | Red, White and Water |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2006 | Monk | Mascot | 1 episodio: "Mr. Monk and the Big Game" |
2007–08 | Medium | Claire Chase Allison |
2 episodios: "Mother's Little Helper" e "But for the Grace of God" |
2007 | Cold Case | Abby Bradford | 1 episodio: "A Dollar, a Dream" |
2007–09 | The Bill Engvall Show | Lauren Pearson | 30 episodios |
2013 | Saturday Night Live | Ela mesma (convidada) | Episodio: "Jennifer Lawrence/The Lumineers" |
2017 | Jimmy Kimmel Live! | Ela mesma (convidada) | Episodio: "November 2, 2017" |
Vídeo musical
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Artista | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2010 | "The Mess I Made" | Parachute | Moza | [6] |
Premios
[editar | editar a fonte]Premios Óscar
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa traxectoria, Lawrence gañou un Óscar á mellor actriz e foi candidata noutras tres ocasións.
Ano | Título | Categoría | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|
2011 | Winter's Bone | Mellor actriz | Candidata | [7] |
2013 | Silver Linings Playbook | Mellor actriz | Gañadora | [8] |
2014 | American Hustle | Mellor actriz secundaria | Candidata | [9] |
2016 | Joy | Mellor actriz | Candidata | [10] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Murray, Lorraine. "Jennifer Lawrence". Encyclopedia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Van Meter, Jonathan (12 de agosto de 2013). "The Hunger Games' Jennifer Lawrence Covers the September Issue". Vogue (Nova York). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2014.
- ↑ Eells, Josh (9 de febreiro de 2011). "Oscar nominee: I was a tomboy". CNN. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ Windolf, Jim (febreiro de 2013). "Girl, Uninterruptible". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2016.
- ↑ Schneller, Johanna (11 de xuño de 2010). "Interview with Winter's Bone star Jennifer Lawrence". The Globe and Mail. pp. 1–2. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011.
- ↑ Reynolds, Simon (5 de marzo de 2012). "Jennifer Lawrence: 'The Hunger Games' star's career in pictures". Digital Spy. pp. 2; 5. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 29 de marzo de 2014.
- ↑ "Winners and Nominees for the 83rd Academy Awards". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Winners and Nominees for the 85th Academy Awards". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "2014 Oscar Nominees". oscars.org. 16 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Nominees for the 88th Academy Awards". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jennifer Lawrence |