Saltar ao contido

Jerry Cantrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJerry Cantrell

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jerry Fulton Cantrell Jr. Editar o valor en Wikidata
18 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Tacoma, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor de cancións, guitarrista, compositor, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMetal alternativo e Grunge Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webjerrycantrell.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0134717 Facebook: officialjerrycantrell Twitter: JerryCantrell Instagram: jerrycantrell MySpace: jerrycantrellofficial Youtube: UCIoa-8OEp5WLhY-DQeX6IjQ BNE: XX876044 Spotify: 5HUFo8AH9ZILmlyKFfEMNP iTunes: 462225 Last fm: Jerry+Cantrell Musicbrainz: 960eb93f-e73c-4df8-864d-08a06c2dcc11 Songkick: 75734 Discogs: 252154 Allmusic: mn0000323194 WikiTree: Cantrell-1221 Deezer: 3122 Editar o valor en Wikidata

Jerry Fulton Cantrell Jr., nado o 18 de marzo de 1966[1] en Tacoma, Washington, é o guitarrista e principal compositor da banda de rock alternativo Alice in Chains dende a formación do grupo en 1987.[2] O grupo acadou a fama internacional a principios dos anos 90 durante o movemento grunge de Seattle e é coñecido polo seu distintivo estilo vocal[3][4] e as voces harmonizadas de entre Cantrell e Layne Staley[3] (e posteriormente de Cantrell e William DuVall).[5] Cantrell comezou a cantar as voces principais no EP Sap de 1992. Tras a morte de Staley en 2002 Cantrell tomou o papel de vocalista principal de Alice in Chains nos álbums posteriores da banda, Black Gives Way to Blue (2009), The Devil Put Dinosaurs Here (2013) e Rainier Fog (2018),[6][7] facendo DuVall as harmonías con el e cantando as partes de Staley das vellas cancións ao vivo.[8]

Tamén ten unha carreira en solitario, tendo publicados os álbums Boggy Depot en 1998 e Degradation Trip Volumes 1 & 2 en 2002. Cantrell tamén colaborou e actuou conn Heart, Ozzy Osbourne, Metallica, Pantera, Circus of Power, Metal Church, Gov't Mule, Damageplan, Pearl Jam, The Cult, Stone Temple Pilots, Danzig, Glenn Hughes, Duff McKagan e Deftones, entre outros.

Cantrell foi nomeado "Riff Lord" pola revista británica de hard rock/metal Metal Hammer en 2006.[9] A revista Guitar World colocou a Cantrell no número 38 da súa lista dos "100 mellores guitarristas de heavy metal de todos os tempos" en 2004,[10] e no 37 da lista dos "Mellores guitarristas de todos os tempos" en 2012. Guitar World tamén situou ao solo de Cantrell en "Man in the Box" no 77 da lista dos "100 mellores solos de guitarra" en 2008.[11]

Tamén colaborou nas bandas sonoras de The Cable Guy (1996), John Wick: Chapter 2 (2017) e Dark Nights: Metal (2018), e realizou cameos en filmes como Jerry Maguire (1996), Rock Slyde (2009) e Deadwood: The Movie. Cantrell tamén actuou nos mockumentais de Alice in Chains The Nona Tapes (1995) e AIC 23 (2013).

  1. Brown, Jake. (2010). Alice in Chains : in the studio. Nashville, TN: Rock 'N' Roll Books. ISBN 978-0-9834716-4-6. OCLC 778366375. 
  2. "Jerry Cantrell | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-06-08. 
  3. 3,0 3,1 Lifton, Dave. "Jerry Cantrell Recalls How Alice in Chains Developed Their Twin-Vocal Sound". Diffuser.fm (en inglés). Consultado o 2020-06-08. 
  4. Sola, David de (2012-04-05). "How Alice in Chains Found the Most Memorable Voice in Grunge". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2020-06-08. 
  5. "Album Review: Alice in Chains - Black Gives Way to Blue". Consequence of Sound (en inglés). 2009-09-29. Consultado o 2020-06-08. 
  6. "Alice In Chains - Black Gives Way To Blue". Music Feeds. 2009-10-02. Consultado o 2020-06-08. 
  7. "Alternative Addiction: Review of Black Gives Way to Blue by Alice in Chains". www.alternativeaddiction.com (en inglés). Consultado o 2020-06-08. 
  8. Blabbermouth (2009-11-22). "New ALICE IN CHAINS Singer: 'I Don't Think I Could Sound Like LAYNE STALEY If I Tried'". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2020-06-08. 
  9. "Metal Hammer - News Article". web.archive.org. 2006-12-09. Archived from the original on 09 de decembro de 2006. Consultado o 2020-06-08. 
  10. "Guitar World's 100 Greatest Heavy Metal Guitarists Of All Time - Blabbermouth.net". web.archive.org. 2013-09-05. Archived from the original on 05 de setembro de 2013. Consultado o 2020-06-08. 
  11. October 2008, Guitar World Staff 30. "100 Greatest Guitar Solos: 51-100". guitarworld (en inglés). Consultado o 2020-06-08. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.