Saltar ao contido

Jesús Barreiro Costoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Barreiro Costoya
Biografía
Morteabril de 1920 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: barreiro-costoya-jesus-m-1920

Jesús Barreiro Costoya, finado en Buenos Aires en abril de 1920, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Oficial do Banco de España, estableceu unha axencia de negocios en Vilagarcía de Arousa en 1905.[1] Foi membro da Asociación Regionalista Gallega, correspondente de El Eco de Galicia da Habana e colaborou en El Regionalista e El Ciclón. Foi presidente do orfeón Aurora da Coruña en 1908,[2] e membro correspondente da Real Academia Galega. Marchou a Arxentina, foi funcionario da casa central do Banco Español del Río de la Plata e colaborou en Suevia e Correo de Galicia. Finou en Buenos Aires en abril de 1920.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ángela Garrido, que finou en 1914, e foi pai de dez fillos.[4]

  1. La Correspondencia Gallega, 20-3-1902, p. 3.
  2. A Nosa Terra, 4-2-1908, p. 5.
  3. El Correo de Galicia, 25-4-1920, p. 3.
  4. Gaceta de Galicia, 23-5-1914, p. 2.