Jesús Couto Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1864 Santiago de Compostela, España |
Morte | 2 de maio de 1942 (77/78 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Pseudónimo literario | Jecoufer |
Familia | |
Irmáns | Ramón Couto Fernández |
Jesús Couto Fernández, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1942, foi un tipógrafo e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Ramón Couto Fernández. Emigrou a Arxentina e colaborou na prensa galega da capital bonaerense. Regresou a Galicia e foi administrador da Revista de Ciencias Pedagógicas e correspondente doutros periódicos da emigración galega. Volveu a Buenos Aires e colaborou en El Eco de Galicia (entre 1893 e 1901) con retratos e biografías de persoeiros galegos, e Almanaque Gallego.
Retornado de novo a Compostela en 1903, relacionouse con círculos católicos, e colaborou en Galicia Nueva, El Noticiero Gallego, Gaceta de Galicia e El Correo de Galicia. Foi correspondente de Nova Galicia e representante en Galicia da revista Galicia da Habana.[1] Asinaba ás veces co pseudónimo Jecoufer. Finou en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1942.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosalía Couto Devesa en 1924.[3]