Jesús Eugenio Pérez Pérez
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1886 ![]() A Cañiza, España ![]() |
Morte | 31 de outubro de 1936 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Jesús Eugenio Pérez Pérez, nado na Cañiza o 25 de decembro de 1886[1] e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre da parroquia das Achas. Militante do PSOE. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo 15 días preso. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Antonio Mojón Vázquez, Tirso Gómez Freijido e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cañiza Republicana
- Jesús Eugenio Pérez Pérez na páxina web Nomes e Voces.