Tirso Gómez Freijido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1887 Ribadavia, España |
Morte | 31 de outubro de 1936 (49 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Tirso Servando Justino Gómez Freijido, nado en Ribadavia o 1 de febreiro de 1887 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Latoeiro de profesión, militante socialista, foi presidente da Casa do Pobo da Caniza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza o 21 de xullo. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en Consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Antonio Mojón Vázquez e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[1]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]En 2022 Inversa Teatro, a compañía teatral da súa bisneta, a dramaturga, directora e actriz Marta Pérez, estreou no Auditorio de Vigo a peza O Péndulo[2] sobre a detención e fusilamento de Tirso Gómez e os seus compañeiros, escrita xunto ao dramaturgo Ernesto Is.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Contemplación Mosquera Mariño.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.
- ↑ O Péndulo, estrea mundial.
- ↑ A Cañiza: Mercería-droguería Pepa