Ernesto Is
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1988 (36 anos) Xixón, España |
Educación | Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo |
Premios | |
Ernesto Suárez Is, nado en Xixón (Asturias) o 19 de maio de 1988, é un dramaturgo, narrador oral e escritor en lingua galega e castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Titulado superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dramaturxia, anteriormente fórmase no eido da produción e da realización audiovisual.
No 2016 gaña (ex aequo) o Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Fendas. En 2017 obtén o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das Ondas, monólogo dramático sobre a vida da actriz franco-galega María Casares. Volve gañar o Premio Abrente na edición do ano 2021 con Profetas. No ano 2023, a súa peza Memoria de la nisal acada o Premio ‘Asturias Joven’ de Textos Teatrais do Instituto Asturiano da Xuventude[1].
Foi seleccionado para participar no VI Programa de desenvolvemento das dramaturxias actuais 2017 do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), dando como resultado a peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018 forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral do Centro Dramático Galego, coordinado por Manuel Lourenzo, coa escrita da obra Onde veñen morrer as baleas. Os teatros Arriaga (Bilbao), Victoria Eugenia (Donostia) e Principal (Vitoria) seleccionaron o seu proxecto dramatúrxico Canciones amarillas, flores tristes para participar no programa Nuevas Dramaturgias 2020[2].
En 2021 o seu proxecto Relato para un incendio resultou gañador da primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Agadic, a través do Centro Dramático Galego[3]; obra estreada por AAntena Teatro en 2022.
Escribe para as compañías Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —axudas á ‘Creación Joven’ do Injuve—), Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O péndulo, coautoría xunto a Marta Pérez). En 2023, crea, xunto á actriz e directora Nerea Brey, a compañía Manekineko, coa que estrea a súa primeira produción en 2024: Cancións amarelas, flores tristes.
Na actualidade, compaxina o seu traballo creativo coa docencia de escrita teatral e cinematográfica en diferentes colectivos e institucións. Colabora ou colaborou coa Revista Galega de Teatro, a revista de ocio cultural A Movida e o programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia.
Estreas
[editar | editar a fonte]- O ceo baixo Berlín. Teatro Aforo (Vigo). Dirección de María Francelina. 2015.
- Exilio das Moscas. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2016.
- Tras Tannhäuser. Sala Ártika (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2017.
- Epiderme. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de Ernesto Is. Belabesta Teatro. 2018.
- Magnitudes. Lectura dramatizada. II Torneo de Dramaturxia de Galicia - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. 2018.
- Fíos. Lectura dramatizada. Festival PLATTA - Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal). 2018.
- Despois das Ondas. Teatro Colón (A Coruña). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero. 2019.
- Hotel Europa. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Javier Lojo. Compañía Señora Supina. 2022.
- O Péndulo. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Carlos Álvarez-Ossorio. Inversa Teatro. 2022.
- Relato para un incendio. MIT de Ribadavia. Dirección de Xosé Leis. AANtena Teatro. 2022.
- Cancións amarelas, flores tristes. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Nerea Brey. Manekineko. 2024.
Obra
[editar | editar a fonte]Obra en galego
[editar | editar a fonte]Obra dramática
[editar | editar a fonte]- Fendas, Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense (2018). ISBN 978-84-92958-45-0
- Despois das ondas, Deputación da Coruña (2018). Limiar Inma López Silva. ISBN 978-84-9812-326-5
- Tras Tannhäuser en Dramaturxia galega actual. Vol I. Á Feira, Vigo (2018). Limiar Javier Lojo. ISBN 978-84-09-00858-2[4]
- Onde veñen morrer as baleas en DramaturXa. Edicións Positivas e AGADIC, Compostela (2019). Limiar Fefa Noia e Manuel Lourenzo. ISBN 978-84-453-5328-8[5]
- Despois da ondas. Editorial Galaxia, Vigo (2022). Limiar Inma López Silva. ISBN 978-84-9151-830-3. Sobre María Casares.[6]
- Hotel Europa. Edicións Positivas, Santiago de Compostela (2022). ISBN 978-84-124258-5-7
- O péndulo. Edicións Positivas, Santiago de Compostela (2022). ISBN 978-84-124258-3-3
- Profetas. Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense (2022). Limiar Afonso Becerra. ISBN 978-84-92958-59-7.[7]
Obra dramática breve
[editar | editar a fonte]- O ceo baixo Berlín, nº 85 da erregueté - Revista Galega de Teatro, Cangas (2016).[8]
- Fíos, nº 93 da Erregueté (Revista Galega de Teatro). Cangas, 2017.
- Magnitudes en II Torneo de Dramaturxia de Galicia. Edicións Positivas, Compostela (2020). ISBN 978-84-121415-6-6
- Aba e Don en DramaturGA 20 (11 textos breves). Ediciones Invasoras, Vigo (2020). Limiar Francisco Oti Ríos. ISBN 978-841699-38-33
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- O libro do fútbol. Editorial Galaxia, Vigo (2023).[9]
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Obra dramática
[editar | editar a fonte]- El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas; edición dixital na web da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos (2017) Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine..
- Canciones amarillas, flores tristes (2020).[10]
- Memoria de la nisal. Ediciones Trabe, Oviedo (2024). ISBN 978-84-10345-05-8
Obra dramática breve
[editar | editar a fonte]- Hinchados en Un minuto de justicia. Ediciones Invasoras, Vigo (2019). 124 páxs. ISBN 978-84-16993-51-2[11]
- Anoche en Microteatro en el Hórreo. Editorial Círculo Rojo, El Ejido (2015). ISBN 978-84-9115-880-6[12]
Obra en asturiano
[editar | editar a fonte]Obra dramática breve
- La regla d’un trasgu , publicada no libro Microteatro en el Hórreo. Editorial Círculo Rojo, El Ejido (2015). ISBN 978-84-9115-880-6[12]
Colaboracións en medios
[editar | editar a fonte]- "Momentos que deixan pegada", Erregueté nº 83 (2015).
- Entrevista a Ana Vallés e Baltasar Patiño (Matarile Teatro), Erregueté nº 88 (2016).
- "A Berberecheira: honestidade e autoficción", Erregueté nº 98 (2019).
- Críticas, recensións e entrevistas online.
- Coordinador da sección "No confín de..." para a web da Erregueté.
A Movida - Axenda de ocio e cultura de Vigo
[editar | editar a fonte]Coordinación da sección "As outras luces" (2019-2024)[13].
Colaborador na sección de artes escénicas do programa durante a temporada 2021-2022[14].
- ↑ "Premios Asturias Joven de Poesía, Narrativa y Textos Teatrales 2023". Ayuntamiento de Gijón. Consultado o 27/09/2024.
- ↑ "Hacia una escritura dramática propia".
- ↑ "'Relato para un incendio', de Ernesto Suárez Is, gaña a primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral". Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ "Dramaturxia galega actual. vol. I". afeiraedicions. Consultado o 22-4-2020.
- ↑ "DramaturXa". libraria.xunta.gal. Consultado o 22-4-2020.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza L. (xullo, agosto, setembro 2022). "Un constante renacer do uróboro". Grial LX (235): 89–90. ISSN 0017-4181.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza L. (abril, maio, xuño 2023). "Sobre profecías e baleas. Cando vence o desamor". Grial LXI (238): 89–90. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Premios A PIPA de dramatuxia breve 2013/2014" (PDF). erreguete.gal. Consultado o 22-4-2020.
- ↑ "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ Abad de Larriva, Ana (novembro de 2020). "Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia". diariocultural.gal. Consultado o 03/12/2020.
- ↑ Fernández Peláez, Julio (abril de 2019). "Ediciones Invasoras publica setenta minutos de justicia". ovejasmuertas.wordpress.com (en castelán). Consultado o 03-12-2020.
- ↑ 12,0 12,1 "Microteatro en el Hórreo". editorialcirculorojo.com. Consultado o 22-4-2020.
- ↑ "As Outras Luces". A Movida. Consultado o 27/09/2024.
- ↑ "Zigzag Diario 17/11/2021". Televisión de Galicia. Consultado o 27/09/2024.
.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- 2014: I Premio 'A Pegada' de teatro radiofónico. Do material do que están feitos os soños.
- 2014: Accésit 'A Pipa' de dramaturxia breve. O ceo baixo Berlín.
- 2015: 2º Premio 'A Pipa' de dramaturxia breve. Fíos.
- 2016: XI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Fendas. (ex aequo)
- 2017: Accésit 'A Pegada' de teatro radiofónico. Bestiario.
- 2017: XVIII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña. Despois das ondas.
- 2021: XVI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Profetas.[1]
- 2023: Premio 'Asturias Joven' de Textos Teatrales del Instituto Asturiano de la Juventud. Memoria de la nisal.
Seleccións
[editar | editar a fonte]- 2016: Axudas á Creación Joven do Instituto de la Juventud. Tras Tannhäuser.
- 2017: Bolsa de creación Dramaturgias Actuales do Ministerio de Cultura. El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas.
- 2018: Autor seleccionado no programa DramaturXA do Centro Dramático Galego. Onde veñen morrer as baleas.
- 2020: Bolsa de creación Nuevas Dramaturgias dos teatros de Euskadi. Canciones amarillas para flores tristes.
- 2021: Bolsa de Dramaturxia e Creación da Xunta de Galicia, convocada pola AGADIC e o Centro Dramático Galego: Relato para un incendio.
Candidaturas
[editar | editar a fonte]- 2020: Finalista na categoría mellor texto orixinal dos XXIV Premios de Teatro María Casares. Despois das ondas.[2]
- 2023: Candidato, xunto a Marta Pérez, a mellor autoría teatral nos XXVI Premios Max das Artes Escénicas. O péndulo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia Erregueté". Consultado o 2021-07-15.
- ↑ "Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios de Teatro María Casares". aaag.gal. 26-2-2020. Consultado o 22-4-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do autor Arquivado 16 de xullo de 2021 en Wayback Machine.
- "Ernesto Is". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Novembro de 2019.
- Ernesto Is en Contexto Teatral