Jesús María Bouza Bello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 As Pontes de García Rodríguez, España |
Morte | 21 de outubro de 1945 (71/72 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Jesús María Bouza Bello, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) en 1873 e finado na Habana o 21 de outubro de 1945, foi empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba en 1885. Comerciante con Casas de Empeños e compra-venda e dono con Ramón Rambla Contreras de Rambla, Bouza y Cía, a imprenta que confeccionaba e editaba a Gaceta Oficial de la República de Cuba e o Diario de Sesiones del Congreso.[1] Foi o primeiro presidente da Sociedad de Instrucción, Recreo e Protección Mutua Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez, creada na Habana o 28 de xaneiro de 1912. Foi tesoureiro do Centro Gallego de La Habana (1913-1914) e chegou á presidencia do Centro en 1926. En xuño de 1929 foi elixido presidente da agrupación Acción Gallega da Habana.[2] Foi presidente da empresa editora do Diario de la Marina en 1940.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- O rei Afonso XIII concedeulle a Gran Cruz de Beneficencia con distintivo branco.
- Unha rúa das Pontes leva o seu nome.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Consuelo Goás e foi pai de Conchita Bouza Goás, que casou en 1924 con Marino López Blanco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Españoles en Cuba en el siglo XX / Jorge Domingo Cuadriello, p. 17.
- ↑ Diario de la Marina, 20-6-1929, p. 21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Souto López, Manuel (2011). "A ”Sociedad naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodriguez” no seu centenario. Nacemento, evolución histórica e intervención educativa no concello de As Pontes" (PDF). Hume. Revista de Estudos Históricos Locais (4): 97–212.