Marino López Blanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 A Habana, Cuba |
Morte | 1986 (94/95 anos) Coral Gables, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Marino López Blanco, nado na Habana en 1891 e finado en Coral Gables (Florida) en 1986, foi un notario, político e escritor cubano, descendente de galegos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José López Méndez, natural de Celeiro (Viveiro), aos trece anos veu a Compostela, onde fixo o bacharelato e estudou na USC. Alí fundou e dirixiu o semanario Maruxa e a revista La Raza. Colaborou en Eco de Galicia. Regresou a Cuba, onde foi secretario particular da muller do presidente da República, Alfredo Zayas Alfonso. Foi avogado e notario oficial do Centro Galego, conselleiro e accionista do Banco de Fomento Comercial e director do Banco Hispano Cubano. No goberno de Batista (1940-1944), foi subsecretario de Traballo e Ministro de Comunicacións. Foi Senador e Representante na Cámara pola Habana dende 1938 ata a súa saída de Cuba. Na segunda etapa de Batista foi Ministro de Facenda e Traballo (1952).
Obras
[editar | editar a fonte]- Intimo, 1917.
- Beso de quimera, 1921.
- Ensayo sobre el mimetismo político, 1931.
- Maceo. Símbolo de la cubanidad, 1942.
- Perennidad de Martí, 1956.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1924 con Conchita Bouza Goás, filla de Jesús María Bouza Bello.