La Raza (Santiago de Compostela)
La Raza | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Raza foi unha revista editada en Santiago de Compostela en 1918.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 5 de febreiro de 1918, cunha periodicidade quincenal. Foi continuadora de Maruxa. Revista literaria, cada número constaba de vinte páxinas e imprimíase na tipografía de El Eco Franciscano. O seu director foi Marino López Blanco e posteriormente José Gómez Posada-Curros, e entre os seus colaboradores estivo Jaime Solá. Centrada na defensa da relixión e a patria, no primeiro número definíase: "Nuestros ideales: religión, belleza, patria. ¡Queremos un regionalismo sano y puro dentro de la gran unidad española!". Publicou artigos, información, notas de sociedade, poesías, contos e publicidade en seccións fixas como "De sociedad", "Dardos" ou "Información". Estaba financiada polos alemáns para facer propaganda da causa xermanófila.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Pais, M.ª del Carmen; et al. (2005). "Raza, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.