Saltar ao contido

Jesús Neira Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Neira Rodríguez
Biografía
Nacemento16 de abril de 1953 Editar o valor en Wikidata
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 2015 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Camilo José Cela Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Popular Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4934507 Dialnet: 1818733

Jesús Neira Rodríguez, nado en Granada o 16 de abril de 1953 e finado en Majadahonda (Madrid) o 29 de agosto de 2015, foi un profesor universitario e político español de orixe galega, que tivo unha especial relevancia social en España a principios do século XXI.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia ferrolá vinculada ao exército, naceu e viviu ata os 14 anos en Granada, cando a súa familia se trasladou a Madrid.

Licenciado en Dereito, doutorouse cunha tese sobre o discurso prefascista en Antonio Goicoechea. Profesor de Teoría do Estado na Universidade Camilo José Cela de Madrid, acadou sona en España a partir dunha pelexa que mantivo o 2 de agosto en Majadahonda, onde se enfrontou a un home que estaba presuntamente batendo na súa moza[1]. Aparentemente como consecuencia desa pelexa, catro días despois sufriu un derramamento cerebral que o mantivo hospitalizado durante 256 días, boa parte deles en coma.

Publicou diversos artigos en revistas da fundación de ideoloxía conservadora Cánovas del Castillo, algúns deles sobre o pensamento do teórico do dereito alemán Carl Schmitt[2]. Foi nomeado pola Comunidade de Madrid presidente do consello asesor do Observatorio rexional da violencia de xénero. En marzo de 2009 a canle de televisión española Antena 3 anunciou que o contraría como contertulio para o magazine de actualidade Espejo Público a partir de setembro dese ano[3]

Detido por conducir un vehículo en estado de embriaguez en setembro de 2010, foi apartado do seu cargo[4]. En outubro dese mesmo ano sufriu un derramo cerebral[5], que o mantivo no hospital por espazo de dous meses[6]. Case cinco anos despois sufriu outro derramo cerebral, a causa do que faleceu no Hospital Puerta de Hierro, de Majadahonda.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]