Jesús Pedrido Ferrer
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1883 (141 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Jesús Pedrido Ferrer, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de novembro de 1883, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou aos 17 anos á Arxentina. Colaborou en La Razón e La Prensa de Buenos Aires, e foi correspondende de La Prensa na guerra do Rif. Retornou a Vilagarcía nos anos vinte. Militou no Partido Republicano Radical Socialista. Colaborou en El Luchador e Galicia Nueva.
Obras
[editar | editar a fonte]- La Argentina y sus miserias, 1914.
- Pueblos y dioses, 1932.
- Eva Duarte de Perón.
- La España que perdimos.
- El juicio de Jesús de Nazaret.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vilagarcía de Arousa en 1922 con Mercedes Rodríguez, filla de Lisardo Barreiro[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 28-6-1922, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xornalistas na Historia de Vilagarcía de Arousa Arquivado 03 de maio de 2016 en Wayback Machine.