Saltar ao contido

Jesús Rey Alvite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Rey Alvite

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1878 Editar o valor en Wikidata
Portor, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente ferroviario Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, mestre, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosJosé Rey-Alvite Feás, Jesús Rey-Alvite Feás Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 9977 BNE: XX1415324 BUSC: rey-alvite-jesus-m-1941

Jesús Segundo Rey Alvite, tamén coñecido polo pseudónimo Jersaef, nado en Portor (Negreira) o 26 de agosto de 1878[1] e finado en Vilagarcía de Arousa o 5 de outubro de 1941,[2] foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do médico Jesús Vicente Rey e de María Alvite (falecida en Agrón, Ames, o 24 de agosto de 1917).[3] Estudou no Seminario de Santiago de Compostela, que despois abandonou para seguir a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre en Amio e na escola municipal do barrio compostelán das Barreiras (1918-1941). En agosto de 1909 foi nomeado redactor-correspondente da revista Mondoñedo, época na que xa traballaba como correspondente do xornal bonaerense El Eco de Galicia.[4] Colaborou en moitos medios de comunicación, foi redactor de Gaceta de Galicia (baixo o alcume de Jereal), El Eco de Santiago, El Compostelano e El Correo Gallego e foi correspondente en Compostela de periódicos galegos e estatais, como Faro de Vigo ou La Prensa de Buenos Aires.

O 18 de xuño de 1910 participou na entrega dun álbum de homenaxe a Eugenio Montero Ríos[5] e en agosto de 1912 recibiu un premio nos Xogos Florais de Pontevedra por unha biografía de Manuel Curros Enríquez.[6]

Foi secretario da Comisión organizadora do monumento a Rosalía de Castro da Alameda de Compostela. O 3 de febreiro de 1927 foi elixido secretario da primeira xunta directiva da Asociación de Prensa de Santiago, baixo a presidencia de Celestino Sánchez Rivas,[7] e foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega.

Faleceu de forma accidental na estación de Vilagarcía de Arousa, cando se dirixía a Cambados ao visitar a súa filla, ao tentar saltar do tren á plataforma, aínda estando en marcha.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en xaneiro de 1904 con Concepción Feás Mourelle (nada en 1879 e falecida en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1954) e foi pai dos tamén xornalistas José e Jesús Rey-Alvite Feás, así como doutros 6 fillos: Rosa, María Presentación (nada o 24 de novembro de 1910, foi mestra e casou con Benito Miser López), Sol Josefa, Joaquín Manuel (practicante de medicina e cirurxía en Leiro e, posteriormente, en Pozo Estrecho, Cartagena, e casou con Marujita Parente Montero), Antonio (nado en 1916 e finado en xaneiro de 2003, que foi axente da Policía Armada destinado en Barcelona e casou con Carmen González Seoane) e Juan José (nado en 1921 e finado en Santiago o 18 de novembro de 1927, de pneumonía).

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • Masas corales (1905). Artigo no número 8 do 19 de febreiro de 1905 na revista da Habana Galicia, páxina 4.
  • D. Rafael M. de Labra: estudio biográfico (1911). Impreso na Tipografía Sindicato de Publicidad, Madrid; 23 páxinas.
  • Unha biografía de Manuel Curros Enríquez, premiada nos Xogos Florais de Pontevedra (1912), de título descoñecido.
  • Gallegos ¡Arriba! (1913). Artigo no número 3 de marzo de 1913 na revista da Habana Galicia Gráfica, páxinas 9-10.
  • Las fiestas compostelanas: Galicia de enhorabuena (1913). Artigo no número 7 na revista da Habana Galicia Gráfica, páxinas 8-9.
  • Ante la tumba del ruiseñor gallego (1913). Poema publicado no número 6 da revista bonaerense Suevia, páxinas 9-10.
  • ¡Qué cunda el ejemplo! (1913). Artigo publicado no número 8 da revista bonaerense Suevia, páxinas 4-6.
  • Crónicas compostelanas (1913). Artigo no número 9 do 4 de outubro de 1913 na revista da Habana Galicia Gráfica, páxina 25.
  • ¡Qué traballe!... : (conto que ten mais d'hestóreco que de fantásteco) (1914). Artigo no Almanaque gallego para Buenos Aires de 1914, páxinas 140-142.
  • La "Sultana de Morrazo" : Crónica pontevedresa (1917). Impreso na Tipografía de El Eco Franciscano, Santiago de Compostela; 8 páxinas.
  • Fiestas patronales santiaguesas: año... Monografía de Jesús Rey Alvite (1920). Libro conmemorativo das Festas do 25 de xullo, con publicidade. Santiago de Compostela.
  • La obra de un buen gallego (1924). Artigo no número 5 na revista de Montevideo Alma Gallega, páxina 11.
  • Primer centenario del natalicio de Méndez Núñez : Cómo se efectuó el primer homenaje popular al Héroe del Callao (1924). Edición de Jacobo Rey González (sucursal de Paredes), Santiago de Compostela; 46 páxinas.
  • El Regimiento Infantería de Zaragoza 12 "El Glorioso" : Estudio histórico (1925). Impreso na Tipografía La Comercial, Santiago de Compostela; 20 páxinas.
  • Peregrinos de la diócesis tudense al templo del Apóstol Santiago (1926). Impreso na Tipografía, Fotografía e Encuadernación do Faro de Vigo, Vigo; 16 páxinas.
  • El Cardenal Martín de Herrera y de la Iglesia: 1835-1922: toda una vida de ejemplar apostolado católico y de protección constante a la indigencia (1927). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 30 páxinas.
  • La labor fecunda de López Ferreiro (1931). Artigo no número 235-240 (Tomo 20) no Boletín de la Real Academia Gallega; páxinas 323-340.
  • Los Santuarios jacobeos de la nación española (1932). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 175 páxinas.
  • El arma de caballería española y su patrono el Apóstol Santiago (1935). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 128 páxinas.
  • La Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago : (1926 a 1935). Monografía de Jesús Rey Alvite (1936). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 190 páxinas.
  • El Jubileo jacobeo: su institución y desenvolvimiento hasta hoy: monografía por Jesús Rey Alvite (1937). Edición de Enrique Roel, A Coruña; 80 páxinas.
  1. Empadroamento de Santiago de Compostela de 1894. 10º Tomo. P-R, no Arquivo Histórico Universitario de Santiago-AHUS, signatura 1177.
  2. El Compostelano, 6-10-1941, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, de 25-8-1917.
  4. Gaceta de Galicia, de 11-8-1909.
  5. Gaceta de Galicia, de 18-6-1910.
  6. Diario de Galicia, de 20-8-1912, p. 3.
  7. El Correo Gallego, 10-9-2006, nun artigo de Héitor Picallo.
  8. El Compostelano, de 6-10-1941, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]