Saltar ao contido

Jesús Simal Lozano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Simal Lozano
Nome orixinalJesús Ángel Simal Lozano
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Daimiel, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado e Doutor en Farmacia
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Q89547790Pioneiro na aplicación das TIC ao ensino
Actividade
OcupaciónCatedrático da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago (1975-2008)
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
LinguaGalego, español, inglés, francés

BNE: XX1800693 BUSC: simal-lozano-jesus-1938 Dialnet: 219697

Jesús Ángel Simal Lozano, nado o 22 de xuño de 1938 en Daimiel (Cidade Real), é un científico galego, catedrático universitario especializado en química analítica e nos estudos sobre a contaminación dos alimentos,[1]

Pese súa nacenza manchega pode considerarse como galego, porque desde que chegou a Santiago de Compostela a cursar a carreira de Farmacia quedou a vivir nesta cidade até o día de hoxe, xa xubilado da súa cátedra.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Jesús Simal acadou os seguintes títulos académicos:[1]

Labor investigador e docente

[editar | editar a fonte]

Alumno interno de desde 1958 a 1961 durante os cursos 4º, 5º e 6º cursos da carreira e, tras licenciarse, foi, ininterrompidamente, profesor da Facultade de Farmacia de Santiago desde o 1 de outubro de 1961, primeiro como adxunto interino de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Químico (1961-1964); despois profesor adxunto titular (1964-1973); máis tarde, profesor agregado de Bromatoloxía e Toxicoloxía, desde febreiro de 1973 até decembro de 1975, en que tomou posesión como catedrático de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Química Aplicada, posto que ocupou até a súa xubilación o 30 de setembro de 2008.[1][3]

Foi director do Departamento de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Química da Facultade de Farmacia compostelá desde abril de 1974 até o 19 de novembro de 1989, e coordinador dos Cursos de Doutoramento desde 1987 até a súa xubilación. Dirixiu 38 teses de doutoramento e 112 memorias de licenciatura na USC.[1] Como dato interesante para a súa vida persoal cómpre destacar que unha das teses que dirixiu foi a do seu fillo máis vello, Jesús Simal Gándara, "Contribución al control de calidad de resinas epoxídicas destinadas a entrar en contacto con productos alimenticios", lida en 1991 na USC.[3]

Académico

[editar | editar a fonte]

O doutor Simal foi recibido na Real Academia de Farmacia de Galicia, na que ocupa a medalla nº 14, o día 17 de xaneiro de 2007, acto no que leu o discurso Aplicación de las nuevas tecnologías a la enseñanza.[1]

Sociedades científicas das que é membro

[editar | editar a fonte]

Simal Lozano é:[1]

  • Membro da Sociedade Española de Bromatoloxía, e xefe da Sección de Galicia.
  • Vogal de Alimentación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC) (de 1986 a 1994).
  • Foi o presidente do 1º Congreso Nacional de Farmacéuticos na Alimentación, celebrado na Coruña do 5 ao 8 de novembro de 1986.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

O doutor Simal é autor de máis de 30 artigos en revistas científicas, de tres artigos en libros colectivos e dun libro non científico.[5] Este último foi o resultado dunha das súas afeccións, o debuxo artístico, titúlase Láminas de Compostela, publicado polo Servizo e Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela o ano 2010, ISBN 978-84-9887-286-6, no que, en palabras do catedrático de Historia da arte José Manuel García Iglesias, «achega ao lector á Compostela eterna, esa que é Catedral e Mosteiro, rúa e Universidade, maxia e arte, relixión e ciencia. A súa é unha mirada consciente que, nos debuxos, dá unha interpretación do que é un dos enclaves máis belos e significativos da vella Europa».[2][6]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • 1984 - "Mieles de Galicia". (Con José Francisco Huidobro Canales). En Ponencias y comunicaciones del Primer Congreso Nacional de Apicultura, coord. por Jesús B. Marquina Olmedo e César Carlos Saénz Barrio. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Servicio de Extensión Agraria. Publicaciones. ISBN 84-341-0359-1, pp. 127–131.
  • 1987 - Selección de métodos físico-químicos para el control práctico de polución de aguas. (Con Isabel Iglesias Fernández e María Asunción Lage Yusty). Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias. ISBN 84-7498-278-2.
  • 1988 - "Investigación de cloropicrina en bebidas alcohólicas". (Con María Asunción Lage Yusty e A. Rodríguez), En Ponencias y comunicaciones: Congreso internacional de tecnología de alimentos naturales y biológicos. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Servicio de Extensión Agraria. Publicaciones. ISBN 84-341-0602-7, pp. 186–190.

Selección dalgúns artigos en revistas científicas

[editar | editar a fonte]
  • 1982 - "Determinación y tipificación de las proteínas de la leche: aplicación al estudio de quesos y efecto del agua oxigenada". (Con Perfecto Paseiro Losada). Nova Acta Científica Compostelana Bioloxía, nº. 3-4, pp. 319–362.
  • 1994 - "El mejillón: desde su desarrollo en una batea hasta su depuración". (Con A. Hermida Ameijeiras). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, nº 255, pp. 31-36.
  • 1995 - "Ciencias da Saúde: Ciencia e tecnoloxía dos alimentos". Eduga: revista galega do ensino, nº 7, páxs. 185-187.
  • 1989 - "Aproximación a la toxicidad de los agentes conservantes de alimentos". (Con Perfecto Paseiro Losada e Jesús Simal Gándara). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, nº 204, pp. 57–83.
  • 1989 - "Comprobación de la calidad de materias primas de preparados dietéticos y de regímenes especiales". (Con Jesús Simal Gándara e Perfecto Paseiro Losada). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, nº 205, pp. 69-79.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Insignia de prata da Sociedad Gallega de Apicultura.
  • Insignia de prata da Facultade de Farmacia de Santiago.
  • Insignia de ouro da Uiversidade de Santiago de Compostela.[1]

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

Ademais dos seus intereses científicos e docentes, Simal é un grande afeccionado ao debuxo e á numismática.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Jesús Simal Lozano casou con Carmen Gándara López. O matrimonio tivo catro fillos: Jesús, nacido o 5 de abril de 1966, catedrático de universidade; José, nacido o 10 de xuño de 166t, traballador social; Manuel, nacido o 26 de outubro de 1971, e Juan, nacido o 4 de xuño de 1973.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Biografía Arquivado 09 de setembro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da AFG. Consultada o 9 de setembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 "El Santiago más eterno" Arquivado 09 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 2-4-2010. Consultado o 9 de setembro de 2018.
  3. 3,0 3,1 3,2 Jesús Simal Lozano. Tesis, en Dialnet.
  4. "Ler resume aquí". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 09 de setembro de 2018. 
  5. Jesús Simal Lozano en Dialnet.
  6. Láminas de Compostela en Dialnet.
  7. 7,0 7,1 Simal Lozano, Jesús, en VV.AA. (2002): Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. ISBN 84-8064-113-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]