Saltar ao contido

Jesús de Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús de Miguel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Jesús de Miguel Alameda, nado en Madrid o 21 de setembro de 1996, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Castellón da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Leganés e na tempada 2015/16 debutou co Leganés B na Terceira División. En 2017 fichou polo Internacional de Madrid, tamén da Terceira División, co que marcou nove goles en 33 partidos, sendo clave no ascenso do seu equipo á Segunda División B .

Para a tempada 2018/19 fichou polo Fuenlabrada, tamén en Segunda B, equipo co que disputou a primeira volta, saíndo cedido na segunda ao Unión Adarve. En 2019 pasou ao Navalcarnero, co que marcou 12 goles en 29 partidos, un deles o do ascenso á Segunda B.

En 2021 fichou polo Unionistas da Primeira División RFEF, onde anotou 12 goles na súa primeira campaña. Iniciou a tempada 2022/23 nas filas do equipo salmantino, pero en xaneiro de 2023 foi traspasado ao Castellón, da mesma categoría.[1] Marcou catro goles no que quedaba de tempada regular e outros dous na promoción de ascenso, pero o seu equipo caeu eliminado na final ante o Alcorcón. Na tempada 2023/24 anotou 16 tantos, sendo o máximo goleador do Grupo II, e contribuíu de xeito destacado ao ascenso do seu equipo como campión de grupo.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fuenlabrada
Castellón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jesús De Miguel, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 31 de maio de 2024. 
  2. "De Miguel concluye la fase regular como máximo goleador del grupo 2" (en castelán). 26 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.