Jhay Cortez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Jesús Manuel Nieves Cortez 9 de abril de 1993 (31 anos)[1] Río Piedras (Porto Rico) ![]() |
Outros nomes | Jhayco ![]() |
Residencia | Luquillo (pt) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Portorriqueño |
Actividade | |
Ocupación | Cantante, rapeiro, compositor e produtor discográfico |
Período de actividade | 2011 ![]() |
Xénero artístico | Trap, Reggaeton |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Universal Music Latino (pt) ![]() ![]() |
Sitio web | jhayco.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jesús Manuel Nieves Cortez, nado en Río Piedras, Porto Rico, o 9 de abril de 1993, coñecido artisticamente como Jhay Cortez, é un cantante, rapeiro, compositor e produtor discográfico portorriqueño de reguetón e trap latino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cortez naceu en Río Piedras en Porto Rico.[2] Mudouse a Camden en Nova Jersey, Estados Unidos, razón pola que tivo unha nenez bilingüe.[2][3]
Comezou a compoñer cancións aos 15 anos, isto fixo que o produtor Eddie Dee se interesase nel e foi coñecido polos produtores Lele a arma Secreta e Eliel, cos que empezou a escribir cancións e quen o conectan para traballar co dúo Zion & Lennox, para os cales compuxo dúas cancións, «Como curar» e «Detective de tu amor», ademais de producir «Soltera» baixo o pseudónimo de Jay el Superdotado, as tres cancións formando parte do álbum Los verdaderos.[4][5]
Posteriormente compuxo cinco sinxelos para Perico eñ Bambino, entre eles: «Llama al sol» para o seu álbum Invencible publicado no 2011, o cal resultaría gañador dun Grammy Latino na categoría de mellor álbum tropical.[3][6]
Carreira musical
[editar | editar a fonte]En 2013, comezou como cantante formando parte dun grupo de pop latino chamado Stereo 4, o cal naceu como unha idea de Joel Báez quen se dá á tarefa xunto a Roberto Sánchez e o seu inseparable dúo de traballo, Jhay Neves (vocalista do grupo), de atopar aos que pronto formarían parte deste grupo musical. Stereo 4 foi a mestura de catro voces totalmente diferentes.[7] A agrupación xuvenil estaba composta por Jafet Cortes, Eduardo Esteiras, Rubén Chinea e Jesús M. Neves.[7]
Colaborou co grupo por última vez en 2016 coa canción «Te quiero ver», a cal foi unha colaboración co seu antigo grupo e co cal debutou como solista.[8][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "40 cosas que no sabías de Jhay Cortez, por Jhay Cortez". LOS40 (en castelán). 2019-12-14. Consultado o 2021-02-12.
- ↑ 2,0 2,1 Diaz, Camila (24 de maio de 2019). "Historia y biografía de Jhay Cortez" (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "¿Quién es Jhay Cortez, el artista que J Balvin presentó en su Instagram?". 10 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ Rosa Escribano Carrasquillo (14 de maio de 2018). "Le llegó el turno a Jhay Cortez". Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ "Los Verdaderos - Zion & Lennox | Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ "Descubre más sobre Jhay Cortez". Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Staff, Rapetón (2016-03-02). "¿Que tienen en común el Reggaeton, Un Grammy y este grupo juvenil conocido como StereO 4?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 2020-10-31.
- ↑ CMTV. "CMTV - Biografía de Jhay Cortez" (en castelán). Consultado o 2020-12-31.