Jidi Majia
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1961 (63 anos) Sichuan, República Popular da China |
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
| |
Membro da Asemblea Popular Nacional | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, poeta |
Partido político | Partido Comunista de China |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Jidi Majia (chinés simplificado: 吉狄马加; pinyin: Jídí Mǎjiā), nado o 1 de xuño de 1961 en Zhaojue (provincia de Sichuan), é un escritor e político chinés de etnia nuosu.[1] A súa obra Rapsodia en negro (2016) foi publicada en galego pola Editorial Galaxia.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en Lingua Chinesa pola Universidade das Nacionalidades do Suroeste.[3] No ano 1984, ingresou no Partido Comunista da China.[4] Entre 2006 e 2010, foi vicegobernador da provincia de Qinghai.[5] É o presidente da Asociación de Escritores Étnicos Chineses e vicepresidente da Asociación de Escritores da China.[1][6]
Foi premiado con diversos galardóns, como a Medalla do Memorial Shólokhov da Asociación de Escritores Rusos no ano 2006, un Título de honra pola Universidade Nacional de Trujillo (Perú) no ano 2015, ou a Medalla Europea Homero da Poesía e das Artes no ano 2016.[1] É un dos escritores máis recoñecidos pertencente a unha das minorías étnicas da China.[5]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Jidi Majia (2015). Leopardo de nieve. Tradución directa ao castelán de Pilar González España. UAM Ediciones.
- Jidi Majia (2016). Rapsodia en negro.[7] Tradución directa ao galego de Alberto Pombo Añón. Prólogo de Yolanda Castaño. Galaxia.
- Jidi Majia (2019). Palabras de fuego. Tradución mediada ao castelán de Françoise Roy. Valparaíso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Rapsodia en negro". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Rapsodia en negro — 黑色狂想曲 (Heise Kuangxiang Qu) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "青海省新一届省委书记、副书记、常委简历(图)". district.ce.cn. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "吉狄马加". 百度百科. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 5,0 5,1 "Jidi Majia (China, 1961)". www.wpm2011.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2023. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Jidi Majia, a Chinese poet in Athens". web.archive.org. 2017-03-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Rapsodia en negro". editorialgalaxia.gal. Consultado o 3 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 吉狄马加 (La literatura china traducida en España)