Jill Farrant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) |
Educación | University of KwaZulu-Natal (en) - Doutora en filosofía (1986–1992) |
Actividade | |
Ocupación | bióloga celular, botánica, investigadora |
Empregador | Universidade de Cidade do Cabo (2007–) Universidade de Cidade do Cabo |
Premios | |
| |
Jill Farrant, nada en Suráfrica no ano 1961, é unha bióloga e profesora de bioloxía molecular e bioloxía celular na Universidade de Cidade do Cabo, Suráfrica. [1] É especialista en plantas reviviscentes, é dicir, que volven ao seu estado normal despois dun estado de seca prolongado ao rehidratalas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Farrant obtivo a licenciatura e o doutoramento na Universidade de KwaZulu-Natal, Durban, Suráfrica. Interesouse en plantas que resucitaban cando de nena viu unha "planta morta" que revivía á vida despois de chover.[2] Con nove anos, en 1970, Farrant escribiu no seu diario: "A planta morta nas rocas estaba viva pero papá non me crería".[2][3]
Investigou a habilidade de certas especies de plantas capaces de sobrevivir sen auga durante longos períodos de tempo.[4] "Todas as plantas -explica- teñen xenes que activan a tolerancia á desecamento, pero a maioría usan estes xenes soamente cando fabrican sementes. As plantas que resucitan poden tamén activar ou desactivar estes xenes nas súas follas e raíces sempre que a seca apareza."[5] O obxectivo da súa investigación é atopar aplicacións que permitan o desenvolvemento de cultivos tolerantes á seca para alimentar poboacións en climas áridos e secos, especialmente en África.[3] A súa investigación podería ter tamén aplicacións medicinais. Cre que os cultivos que poden sobrevivir longos períodos de tempo sen auga adquirirán máis importancia no momento en que o cambio climático (seca crecente) impacte na agricultura.[6]
Na actualidade investiga o potencial de transformar a Eragrostis tef, unha herba anual, nun cultivo. As sementes de Eragrostis tef son unha fonte importante de alimento en Etiopía.[7][8] Segundo Farran: "da mesma maneira que os humanos cruzaron especies a través dos séculos para crear a avea,o millo e o trigo, así tamén podemos obter plantas tolerantes á desecamento, cultivos resistentes á seca procedentes da familia Eragrostis sen ter que seguir o camiño da modificaciónx xenética."[7]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio NRF President para investigadores que, sobre a base de potencial excepcional demostrado no seu traballo doutoral, son posibles futuros líderes internacionais no seu campo.
- Medalla de Prata SAAB de Excelencia en Botánica.
- Membro da Royal Society of Southern Africa, da Universidade de Cidade do Cabo e da Oppenheimer Memorial Trust Foundation.
- Presidenta da Asociación surafricana de Botánicos (2009–2010).
- Premio Harry Oppenheimer Fellowship pola súa investigación en plantas que resucitan, 2010.[3][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Professor Jill M. Farrant". Molecular and Cell Biology. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Davis, Rebecca (12 de abril de 2012). "Jill Farrant: The Resurrection Plant – and Woman". Daily Maverick (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2022.
“The ded [sic] plant on the rocks was alive but Dad wouldn’t believe me.”
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Who is Jill Farrant". Agora. 29 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2012. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "UN and L'Oreal announce winners of women in science award". UN News Centre. 8 de novembro de 2011. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ Bisseker, Claire (24 de novembro de 2011). "Raising the dead". Financial Mail. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2012.
[a]ll plants have the genes that enable desiccation tolerance, but most use them only when they make seeds. Resurrection plants can also switch these genes on in their leaves and roots whenever drought occurs.
- ↑ "Jill Farrant wins major global award for her contribution to life sciences". The Earth is Round. Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2012. Consultado o 1 de xuño de 2012.
I believe in the potential outcomes of my work - i.e. the ultimate production of drought-tolerant crops, with the aim of addressing food security needs in Africa; which will become more important as climate change (increasing drought) continues to impact on agriculture.
- ↑ 7,0 7,1 "Resurrection plant could save us". Mail & Guardian. 24 de xuño de 2010. Consultado o 1 de xuño de 2012.
[i]n the same way that humans have bred plant species together over the centuries to create oats, maize and wheat, so too can we breed desiccation-tolerant, drought-resistant crops in the Eragrostis family without having to go the genetically modified route.
- ↑ "Tapping into the secrets of plants". Mail & Guardian. 5 de novembro de 2010. Consultado o 1 de xuño de 2012.
- ↑ Blaine, Sue (31 de maio de 2010). "'Resurrection plants' expert wins award". Business Day. Consultado o 31 de maio de 2012.