Jimmy Greaves
(1964) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) James Peter Greaves 20 de febreiro de 1940 Manor Park, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 19 de setembro de 2021 (81 anos) Danbury, Reino Unido (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 64 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, autobiógrafo, presentador de televisión | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1957 - 1979 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Inglaterra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1968 | Eurocopa de Fútbol Italia 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Jimmy Greaves, English Soccer Star, Is Dead at 81 (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | jimmygreaves.net | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
James Peter 'Jimmy' Greaves, nado en Manor Park, Essex, o 20 de febreiro de 1940 e finado en Danbury, Essex, o 19 de setembro de 2021, foi un futbolista inglés.
Carreira de Xogador
[editar | editar a fonte]Chelsea, AC Milan, e Spurs
[editar | editar a fonte]Greaves foi un abraiante dianteiro, anotando no seu debut co Chelsea en 1957. Sería o máximo goleador nos anos 1959 e 1961. Os seus 41 goles neste último ano aínda son un récord no club, máis goles marcados por un xogador nunha soa tempada.
No 1960 convértese no xogador máis xove en chegar ós 100 goles en liga, á idade de 20 anos 290 días.
En 1961 viaxa ata a Italia para unirse ao A.C. Milan e marca 9 goles en 12 encontros. Ao pouco é transferido o Tottenham Hotspur por 99.999 libras. Esta cantidade púxose porque no club non querían darlle a presión de se-lo primeiro xogador que chegaba ás 100.000 libras de custo por traspaso.
Ficou no club dende 1961 ata 1970, anotando 266 goles en 379 encontros. Rematou coma máximo goleador catro anos (1963,1964,1965 e 1970). A súa marca de seis veces máximo artilleiro nunca foi superada nin igualada.
Cos Spurs, gañou a FA Cup en 1962 e 1967. Tamén conseguiu a Recopa no 1963 anotando dous goles na final (5-1) contra o Atlético de Madrid. Este foi o primeiro trofeo europeo gañado por unha escuadra británica.
Carreira Internacional
[editar | editar a fonte]Graves debutou coa selección inglesa en 1959, e chegou a xogar 57 encontros e anotou 44 goles, 5 menos que Bobby Charlton pero cunha media moito maior de goles por encontro. Ata o día de hoxe segue a se-lo terceiro máximo anotador despois de Bobby Charlton e Gary Lineker. Greaves tamén ten a marca de número de tripletes coa selección, cun total de seis.
No Mundial de Fútbol Chile 1962, no encontro disputado contra o Brasil un can entrou no terreo de xogo e eludiu tódalas tentativas de collelo ata que Greaves logrou atrapalo. Nese intre o can mexou sobre a camisola do xogador. Ao brasileiro Garrincha fíxolle graza o incidente e acabou levando o can á súa casa para telo como mascota.
No Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Greaves era o dianteiro titular, mais unha inoportuna mancadura nunha perna no encontro contra Francia fixo que tivera que ser substituído. O elixido foi Geoff Hurst, que anotou o gol decisivo nos cuartos de final e xa non sairía do equipo. Na final, este xogador fixo o famoso triplete grazas ó cal Inglaterra foi campioa.
West Ham e Barnet
[editar | editar a fonte]En 1970, Greaves fichou polo West Ham United. Anotou no seu debut, (tal coma fixera en tódolos equipos para os que xogou incluíndo a selección sub-21 e a absoluta), con dous goles contra o Manchester City o 21 de marzo. Dous meses despois, o 28 de maio, rematou sexto no London-to-Mexico World Cup Rally co co-condutor Tony Fall. Retirouse en 1971 despois de xogar 516 encontros de liga e anotar 357 goles.
Greaves volveu do seu retiro aos 38 anos, xogando para o Barnet F.C. na Southern League, actuando de mediocampista, anotou 25 goles e foi proclamado mellor xogador da tempada.
Despois do fútbol
[editar | editar a fonte]A mediados dos anos 70 Greaves loitaba contra un grande problema de alcoholismo, deixando finalmente a bebida cara ao ano 1978. Converteuse nun popular presentador de televisión, formando parella con Ian St. John nun programa futbolístico chamado Saint & Greavsie
No 2002 entrou a formar parte do English Football Hall of Fame. Faleceu o 19 de setembro de 2021 aos 81 anos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Association, The Football. "FA saddened by death of former England international Jimmy Greaves". www.thefa.com (en inglés). Consultado o 2021-09-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Essex
- Nados en 1940
- Finados en 2021
- Futbolistas de Inglaterra
- Dianteiros de fútbol
- Bota de Ouro
- Xogadores do Chelsea FC
- Xogadores do AC Milan
- Xogadores do Tottenham Hotspur FC
- Xogadores do West Ham United FC
- Xogadores do Barnet FC
- Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra
- Xogadores do Brentwood Town FC
- Xogadores do Chelmsford City FC
- Xogadores do Woodford Town FC
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966
- Futbolistas gañadores do Mundial