Saltar ao contido

Joan Coma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoan Coma
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Vic, España Editar o valor en Wikidata
Concelleiro de Vic
13 de xuño de 2015 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVic Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sociólogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCandidatura d'Unitat Popular Editar o valor en Wikidata

Joan Coma i Roura, nado en Vic en 1981, é un sociólogo catalán, concelleiro no concello de Vic.[1] Licenciado en socioloxía en 2010 pola Universidade Autónoma de Barcelona e mestrado en relacións internacionais e formación do profesorado, traballou durante dez anos como carpinteiro.[1]

En 2016, foi investigado pola Audiencia Nacional española tras unha denuncia de Josep Anglada,[2] daquela presidente do partido de extrema dereita Plataforma per Catalunya, pola súa intervención no pleno municipal do 9 de decembro de 2015. Nesta intervención, Coma apelou á desobediencia ante os tribunais españois no marco do debate dunha moción de apoio á declaración de ruptura do Parlamento.[3][4] O 27 de decembro de 2016, foi arrestado polos Mossos d'Esquadra, acusado dun posible delito de sedición,[5] e foi trasladado a Madrid para declarar perante Ismael Moreno Chamarro, o xuíz que levou o caso. No xuízo, o 28 de decembro, o fiscal estivo especialmente interesado nas frases "Desobediencia, levamos tempo reclamándoa" e "Dixemos que para facer a tortilla primeiro hai que romper os ovos" e a posible incitación á violencia que implican.[6] Logo dunha hora de declaración, Joan Coma saíu en liberdade con cargos e sen pasaporte.[7]

  1. 1,0 1,1 Fundació Universitària Balmes, ed. (22 de xullo de 2015). "Transparència UVic". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  2. Llansana, Marina (27 de decembro de 2016). "La gran mentida sobre el cas Joan Coma". elperiodico. 
  3. "El discurs de Joan Coma que li ha valgut la persecució judicial: ‘Per fer la truita s'han de trencar els ous'". Vilaweb. Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  4. Comajoan, Josep (14 de abril de 2016). La Directa, ed. "Set centes adhesions en tres dies al manifest de suport al regidor de Vic imputat.". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  5. Sallés, Quico (27 de decembro de 2016). "Los Mossos detienen al edil de la CUP en Vic Joan Coma Roura". La Vanguardia. 
  6. Directa. "El fiscal interroga Joan Coma: "¿Los huevos no se rompen solos, implica o no el uso de violencia?"". Directa. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2017. Consultado o 06 de setembro de 2021. 
  7. "Joan Coma Roura, en libertad con cargos y sin pasaporte tras declarar ante la Audiencia Nacional". La Vanguardia. 28 de decembro de 2016.