Saltar ao contido

Joan Fuster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoan Fuster

(1984) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Joan Fuster i Ortells Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan de la Cruz Fuster Ortells Editar o valor en Wikidata
23 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Sueca, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Sueca, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSueca
Cementiri de Sueca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Catalá
1987 – 1991
← Josep Maria LlompartAvel·lí Artís-Gener →
President of Acció Cultural del País Valencià (en) Traducir
1978 – 1992 – Joan Francesc Mira → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria cultural, crítica literaria e turismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, activista polos dereitos lingüísticos, avogado, aforista, catedrático, escritor, ensaísta, poeta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona
Universidade de Valencia
Universidade de Barcelona
Ediciones Destino Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio, poesía, guía de viaxe e Aforismo Editar o valor en Wikidata
MovementoExistencialismo, Humanismo, Nacionalismo valenciano e Pancatalanismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webhttp://www.espaijoanfuster.org/
IMDB: nm0299383 BNE: XX917701 Dialnet: 269373 Musicbrainz: 50bd207b-20fb-4c15-ab6c-ad28d336bd78 Find a Grave: 7529411 Editar o valor en Wikidata

Joan Fuster i Ortells, nado en Sueca o 23 de novembro de 1922 e finado na mesma vila o 21 de xuño de 1992, foi un escritor valenciano en lingua catalá. É recoñecido sobre todo pola súa obra ensaística, especialmente Nosaltres els valencians (1962) ou Qüestió de noms, Diccionari per a ociosos (1963).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na comarca da Ribera Baixa. Fillo de campesiños, estudou dereito na Universidade de Valencia, onde se licenciou no ano 1947, e xa de ancián doutorouse en filoloxía catalá no ano 1985.

Entre 1946 e 1956 codirixiu, xunto con Josep Albi, a revista Verbo. Paralelamente co exercicio do seu traballo de avogado na súa poboación natal iniciou as súas colaboracións coa prensa, especialmente no xornal Levante-EMV de Valencia, e posteriormente na revista Destino e o xornal barcelonés La Vanguardia. Entre 1961 e 1966 colaborou con El Correo Catalán. A partir da década dos 60 do século XX converteuse nun referente cívico no País Valenciano no movemento de recuperación da cultura catalá.

O 11 de setembro do 1981 padeceu un atentado na súa casa coa colocación dunha bomba que causou grandes danos na biblioteca e no arquivo persoal. En 1983 foi nomeado profesor de historia da lingua na Universidade de Valencia, en 1984 doutor honoris causa da Universidade de Barcelona e en 1986 catedrático de literatura na Universidade de Valencia.

A Generalitat Valenciana condedeulle a Distinción ao Mérito Cultural a título póstumo. O 13 de setembro do 1997 uns delincuentes comúns profanaron a súa tumba, entre outras, no camposanto de Sueca.

En 1975 foi galardoado co Premi d'Honor de les Lletres Catalanes, e en 1983 recibiu a Medalla d'Or de la Generalitat de Catalunya. Membro do Institut d'Estudis Catalans e do Consell Valencià de Cultura, o ano 1978 foi un dos promotores e primeiro presidente de Acció Cultural del País Valencià e entre os anos 1987 e 1991 presidente da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.

A pesar do seu inicio no mundo da prensa, os seus primeiros escritos publicados foron libros de poesía, Sobre Narcís (1949), Ales o mans (1949), Terra a la boca (1953) ou Escrit per al silenci (1954). Esta poesía ten unha liña existencialista e reflicte as preocupacións do momento histórico de posguerra que vivía Fuster.

Con El descrèdit de la realitat (1955), editado por Francesc de Borja Moll, iniciou unha carreira ensaística, de vasta amplitude temática, nun estilo de adxectivación precisa[Cómpre referencia]. Naquel tempo tivo que vencer a censura, hostilidades oficiais e oficiosas[Cómpre referencia], falta de medios, ausencia dun ambiente cultural propicio e o silencio dos medios de comunicación locais. Outro aspecto da súa obra foi o da erudición, a historia e a crítica literarias, que alternou con antoloxías.

A súa dedicación aos temas valencianos culminou no 1962 coa publicación de Nosaltres, els valencians (galardoado co Premi Lletra d'Or no ano 1963), Qüestió de noms e El País Valenciano, libros básicos para o coñecemento da historia, a cultura e os problemas de identidade nacional do País Valenciano. Nestes libros Fuster afirma que para ergue-la cultura autóctona do País Valenciano hai que reforza-lo vínculo cos outros territorios de fala catalá, creando unha comunidade cultural ou, incluso, política: os Países Cataláns.

Aínda que o ensaio Nosaltres, els valencians foi a súa obra máis importante e influente para toda unha xeración de intelectuais valencianos, cunha importante carga política, onde propón a "reconstrución nacional"[Cómpre referencia] do País Valenciano dentro do marco composto polos territorios de fala catalá, foi a publicación de El País Valenciano, unha guía turística en castelán saída o mesmo ano, a que desatou entre a dereita valenciana unha forte campaña de descualificación persoal do escritor e da súa obra.

Continuaron dentro desta temática Raimon (1964), Combustible per a falles (1967) e Ara o mai (1981), entre outros. Unha parte dos seus numerosos estudos e artigos eruditos, históricos, biográficos e de viaxes, estivo recollida nos volumes I e III das Obres completes, e o Diari 1952-1960 ocupa o volume segundo. Hai que salientalos estudos sobre autores como Vicente Ferrer, Isabel de Villena, Ausiàs March, Joan Roís de Corella, Joan Salvat-Papasseit, Josep Pla ou Salvador Espriu, entre outros.

Dentro do campo do ensaio, publicou Figures de temps, premio Yxart (1957), Judicis finals (1960), Diccionari per a ociosos (1964), Causar-se d'esperar (1965), L'home, mesura de totes les coses (1967), e outros máis, sempre dentro da tradición de raíz moral do humanismo clásico ó carón dos moralistas e reformadores franceses (de Michel de Montaigne aos enciclopedistas), crítico, escéptico e cun humor corrosivo. Dentro dos traballos de historia, de crítica e de divulgación literaria publicou La poesia catalana (1956), Poetes, moriscos i capellans (1962), Heretgies, revoltes i sermons (1968) e Literatura catalana contemporània (1972), ademais de tres extensos prólogos á obra de Joan Salvat-Papasseit (1962), Salvador Espriu (1963) e Josep Pla (1966), recollidos en Contra el Noucentisme (1978).

En 1987 recolleu a súa poesía no libro recompilatorio Set llibres de versos. Froito do traballo de recerca dos últimos anos son os estudos recollidos en Llibres i problemes del Renaixement (1989). No 1994 editáronse as obras Fuster inèdit e Fuster sabàtic.

En 1995 a Generalitat Valenciana asinou co concello de Sueca un convenio para converte-la casa onde vivira Fuster nun centro de cultura e de estudo en memoria do escritor. Compráronlle a casa de Sueca ó herdeiro de Joan Fuster, Josep Palacios. Segundo o acordo de compra, o inmoble tería que se-la sede da Biblioteca Valenciana e tería que acoller os 25.000 libros da colección particular do escritor, os seus documentos, tanto literarios coma persoais, e as súas obras artísticas, entre as cales hai cuadros de Joan Miró, Antoni Tàpies, Josep Renau e esculturas de Andreu Alfaro. Con este obxectivo, o concello de Sueca adquiriu pouco despois a casa adxunta para dispoñer de máis espazo. Pero, o ano 1998, os testamenteiros de Joan Fuster retiráronlle á Generalitat Valenciana a custodia do legado do escritor por incumprimento dos acordos[Cómpre referencia].

En 1997 o concello de Sueca e os testamenteiros do escritor declararon o Ano Fuster, que constou dun conxunto de actos para conmemorar o 75º aniversario do nacemento do escritor e o quinto da súa morte.

En galego existe unha selección de artigos e ensaios titulada Nacionalismo, liberalismo e outros temas, presentación, selección e tradución de Xesús González Gómez, Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, 2022.

  • Antología del surrealismo español. Alacant, Verbo, 1952
  • La poesia catalana fins a la Renaixença. Mèxic, Edicions Catalanes de Mèxic, 1954
  • Pàgines escollides de sant Vicent Ferrer. Barcelona, Barcino, 1955
  • El descrèdit de la realitat. Ciutat de Mallorca, Moll, 1955
  • Antologia de la poesia valenciana. Barcelona, Selecta, 1956
  • La poesia catalana. Ciutat de Mallorca, Moll, 1956. 2 vol
  • Les originalitats. Barcelona, Barcino, 1956
  • El món literari de sor Isabel de Villena. València, Lo Rat Penat, 1957
  • Figures de temps. Barcelona, Selecta, 1957
  • Indagacions possibles. Palma de Mallorca, Moll, 1958
  • Recull de contes valencians. Barcelona, Albertí, 1958
  • Ausiàs March. Antologia poètica. Barcelona, Selecta, 1959
  • Un món per a infants. València, 1959
  • Judicis finals. Ciutat de Mallorca, Moll, 1960
  • Joan Serrallonga. Vida i mite del famós bandoler. Barcelona, Aedos, 1961
  • Valencia. Madrid, Dirección General de Turismo, 1961
  • Nosaltres, els valencians. Barcelona, Edicions 62, 1962
  • El País Valenciano. Barcelona, Destino, 1962
  • Poetes, moriscos i capellans. València, L'Estel, 1962
  • Qüestió de noms. Barcelona, Aportació Catalana, 1962
  • El bandolerisme català II. La llegenda. Barcelona, Aymà, 1963
  • Raimon. Barcelona, Alcides, 1964
  • Diccionari per a ociosos. Barcelona, A. C., 1964
  • Alicante y la Costa Blanca. Barcelona, Planeta, 1965
  • Causar-se d'esperar. Barcelona, A. C., 1965
  • Combustible per a falles. València, Garbí, 1967
  • L'home, mesura de totes les coses. Barcelona, Edicions 62, 1967
  • Consells, proverbis i insolències. Barcelona, A. C., 1968
  • Examen de consciència. Barcelona, Edicions 62, 1968
  • Heretgies, revoltes i sermons. Barcelona, Selecta, 1968
  • Obres completes I. Llengua, literatura, història. Barcelona, Edicions 62, 1968
  • Abans que el sol no creme. Barcelona, La Galera, 1969
  • Obres completes II. Diari 1952-1960. Barcelona, Edicions 62, 1969
  • "Hi ha més catalans encara", fascicle de Dolça Catalunya. Barcelona, Mateu, 1969
  • L'Albufera de València. Barcelona, Les Edicions de la Rosa Vera, 1970
  • Obres completes III. Viatge pel País Valencià. Barcelona, Edicions 62, 1971
  • Babels i babilònies. Ciutat de Mallorca, Moll, 1972
  • Literatura catalana contemporània. Barcelona, Curial, 1972
  • Rebeldes y heterodoxos. Esplugues de Llobregat, Ariel, 1972
  • Contra Unamuno y los demás. Barcelona, Península, 1975
  • Obres completes IV. Assaigs. Barcelona, Edicions 62, 1975
  • La Decadència al País Valencià. Barcelona, Curial, 1976
  • Un país sense política. Barcelona, La Magrana, 1976
  • El blau en la senyera. València, Tres i Quatre, 1977
  • Contra el noucentisme. Barcelona, Crítica, 1977
  • Obres completes V. Literatura i llegenda. Barcelona, Edicions 62
  • Destinat (sobretot) a valencians. València, Tres i Quatre, 1979
  • Notes d'un desficiós. València, Almudín, 1980
  • Ara o mai. València, Tres i Quatre, 1981
  • Indagacions i propostes. Barcelona, Edicions 62 i la Caixa, 1981
  • País Valencià, per què?. València, Tres i Quatre, 1982
  • Veure el País Valencià. Barcelona, Destino, 1983
  • Cultura nacional i cultures regionals dins els Països Catalans. Barcelona, Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya, 1983
  • Sagitari. València, Diputació de València, 1984
  • Pamflets polítics. Barcelona, Empúries, 1985
  • Punts de meditació (Dubtes de la "Transición"). València, Tres i Quatre, 1985
  • Llibres i problemes del Renaixement. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1989
  • Textos d'exili. València, Generalitat Valenciana, 1991
  • Obres completes VI. Assaigs 2. Barcelona, Edicions 62, 1991
  • Sobre Narcís. València, Torre, 1948
  • 3 poemes. Alacant, Verbo, 1949
  • Ales o mans. València, Editorial Torre, 1949
  • Va morir tan bella. València, 1951
  • Terra en la boca. Barcelona, Barcino, 1953
  • Escrit per al silenci. València, Institució Alfons el Magnànim, 1954
  • Set llibres de versos. València, Tres i Quatre, 1987
  • Poesia completa 1945-1987, Institució Alfons el Magnànim-AVL, 2022

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]