Saltar ao contido

Joan Jara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoan Jara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Joan Alison Turner Editar o valor en Wikidata
20 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chile Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVíctor Jara Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX979433 Musicbrainz: 55b66e26-41db-4a0e-ab82-747d029b6621 Editar o valor en Wikidata


Joan Turner de Jara, nada co nome de Joan Alison Turner en Londres o 20 de xullo de 1927 e finada o 12 de novembro de 2023, foi unha bailarina e activista política británica, naturalizada chilena, máis coñecida como Joan Jara.

Recoñecida pola Academia Chilena de Belas Artes polas achegas ao longo de toda a súa traxectoria no desenvolvemento da danza.[1][2] En 2021 obtivo o Premio Nacional de Artes da Representación e Audiovisuais de Chile.[3] Creou a Fundación Víctor Jara e desempeñou unha importante labor universitario e popular na difusión da danza en Chile. En 2009 recibiu a nacionalidade chilena por graza, en recoñecemento ás achegas á cultura, a súa traxectoria humana e a súa loita pola recuperación da democracia tras a ditadura militar que rexeu Chile entre 1973 e 1990.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a interesarse pola danza en xullo de 1944, cando a súa nai a levoun ao Haymarket Theatre para ver a coreografía The Green Table de Kurt Jooss pola compañía de danza moderna alemá Ballets Jooss.[4]

Ao ano seguinte Ballets Jooss regresou a Londres, e Joan logrou falar con Kurt Jooss. Este explicoulle que tivera que pechar a escola pero que podía facer unha proba con el, e Kurt díxolle que pagaría a pena que se formase profesionalmente e que a vía nun futuro como parte da compañía.

En 1947 ingresou na escola de danza de Sigurd Leeder (discípulo de Rudolf von Laban, ao igual ca Kurt Jooss), que acababa de abrir, deixando de lado unha bolsa para estudar historia na Universidade de Londres. Logo de tres anos de estudo, ingresou en xaneiro de 1951 no Ballets Jooss, institución que lle permitiu percorrer gran parte de Europa ao actuar en Alemaña Occidental, Bélxica, Países Baixos, Suíza, Inglaterra, Escocia e Irlanda.[4]

Na compañía coñeceu o coreógrafo, bailarín e actor chileno Patricio Bunster, con quen casou en outubro de 1953. Patricio viaxou a Chile en marzo de 1954 e ela fíxoo catro meses despois, nunha viaxe que durou seis semanas. Joan sorprendeuse ao ver a conservación do apelido materno e que agora pasaba a chamarse "Joan Turner Roberts de Bunster", onde se entendía á muller como propiedade do marido.[5]

En Chile ingresou por concurso no Ballet Nacional Chileno, onde exerceu como bailarina e, posteriormente, coreógrafa. Tamén exerceu a docencia na Escola de Teatro e a Escola de Danza Universidade de Chile das materias de Movemento, Técnica Moderna, Eukinética e Coréutica.

Tras o nacemento da súa filla Manuela (1960), a parella separouse, e en segundas nupcias casou co mozo director de teatro e logo cantante Víctor Jara. O seu novo esposo tivo unha decisiva participación política, converténdose a súa música nun símbolo do goberno de Salvador Allende. Con Víctor tivo á súa segunda filla, Amanda.

Tras o asasinato do seu home durante o golpe de Estado do 11 de setembro de 1973 do ditador Augusto Pinochet contra o presidente Salvador Allende, Joan tivo que efectuar o recoñecemento do cadáver, e tras o enterro debeu partir ao exilio.[6]

Exiliouse en Gran Bretaña xunto ás súas dúas fillas e regresou a Chile a mediados dos anos 80. Ao seu regreso creou o Centro de Danza Espiral, clave na formación de varias xeracións de bailaríns e coreógrafos, e loitou constantemente por esclarecer a verdade do asasinato do seu marido.[7] En 1993 creou a Fundación Víctor Jara, que busca difundir e promover o legado do artista.[8]

Joan Jara co cantante Manuel García en 2006.

Xa en Londres, deixou de chamarse Joan Turner de Jara, para adoptar o nome Joan Jara que lle asignou a institucionalidad británica. Transformouse nunha activista contra a ditadura militar chilena e durante moitos anos tentou que a xustiza chilena aclarase as circunstancias da morte de Víctor Jara, aínda que non obtivo avances a pesar de que en 2009 se reactivou o caso ao ser arrestado o autor material -pero non intelectual- do crime.

O 3 de marzo de 2009 a Cámara de Deputados, e o 5 de maio o Senado de Chile, aprobaron concederlle a «nacionalidade por graza».[9] En xuño, a presidenta da República, Michelle Bachelet, fíxolle entrega oficial da nacionalidade chilena.[10]

En 2013 Joan e mais as súas fillas presentaron unha demanda ante o Centro de Xustiza e Responsabilidade (CJA), con sede en San Francisco.[11] O 27 de xuño de 2016, un tribunal federal de Orlando, Estados Unidos, determinou que o exmilitar chileno Pedro Barrientos, nacionalizado estadounidense, era culpable de tortura e asasinato extraxudicial de Víctor Jara.

Joan Jara faleceu o 12 de novembro do 2023 aos 96 anos.

Velorio de Víctor Jara, realizado en decembro de 2009 no "Galpón Víctor Jara".
  • Víctor Jara, un canto truncado (1983)

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio de Danza da Municipalidade de Santiago (1999)
  • Recoñecemento da Universidade de Chile pola súa traxectoria profesional e a súa achega á danza (2000)
  • Orde ao Mérito Artístico e Cultural Pablo Neruda (2016).[12]
  • Premio da USACh pola súa traxectoria na promoción dos DDHH (2018).[13]
  • Premio á traxectoria a Joan Jara da Academia Chilena de Belas Artes (2019).[14]
  • Premio Nacional de Artes da Representación e Audiovisuais de Chile (2021).[3]
  1. "Historia en Colores en Instagram: "Feliz cumpleaños Joan Turner #joanjara , viuda de #victorjara"" (en castelán). Consultado o 2023-02-27. 
  2. "Muere Joan Jara: destacada bailarina, incansable activista por los derechos humanos y leal viuda de Víctor Jara". 12 de noviembre de 2023. Consultado o 12 de noviembre de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Joan Turner obtiene por unanimidad el Premio Nacional de Artes de la Representación y Audiovisuales 2021". Ministerio de las Culturas, las Artes y el Patrimonio. 8 de septiembre de 2021. Consultado o 8 de septiembre de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Jara, Joan (1983). "Joan". Víctor Jara, un canto truncado. pp. 9–11. 
  5. Jara, Joan (1983). "Joan". Víctor Jara, un canto truncado. pp. 14–16. 
  6. [1], "Masacre en el estadio" (documental de Netflix, 2019): cómo Netflix investigó el crimen de Víctor Jara, artículo de diario La Tercera.
  7. "Mujeres Bacanas | Joan Jara (1927)" (en castelán). 22 de enero de 2019. Consultado o 10 de enero de 2020. 
  8. "La Fundación – Fundación Victor Jara" (en castelán). Consultado o 10 de enero de 2020. 
  9. "Historia de la Ley N.º 20347 - Conferir la nacionalidad chilena, por especial gracia a la ciudadana británica doña Joan Alison Turner Roberts (Joan Jara)". Biblioteca del Congreso Nacional de Chile. 3 de xuo de 2009. 
  10. "Bachelet le otorgó la nacionalidad por gracia a Joan Turner, viuda de Víctor Jara". 3 de junio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  11. El País. "EE UU halla culpable del asesinato de Víctor Jara a un exmilitar chileno". Consultado o 28 de junio de 2016. 
  12. "Joan Turner recibe Orden al Mérito Artístico y Cultural Pablo Neruda « Diario y Radio U Chile" (en castelán). Consultado o 10 de enero de 2020. 
  13. En 2018 Joan Jara recibe premio de la USACh por su trayectoria en la promoción de los DDHH
  14. Academia Chilena de Bellas Artes entrega premio a la trayectoria a Joan Jara