Joan Monleon
![]() (2008) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1936 ![]() Valencia, España ![]() |
Morte | 28 de decembro de 2009 ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio Xeral de Valencia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, presentador de televisión, actor, xornalista ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Joan Monleon, nado en Valencia o 18 de outubro de 1936 e finado o 28 de decembro de 2009, foi un actor, cantante e presentador de televisión valenciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joan Monleon comezou a súa carreira artística como actor de teatro, afección que compaxinaba co seu traballo nunha orchatería.[1] Na década de 1970 saltou á fama á fronte do grupo de música folk Els Pavesos, unha formación satírica con espírito crítico que recuperaba cancións do folclore valenciano.[2][3] Máis tarde actuou en espectáculos de revista, comedias e en máis dunha vintena de películas. Traballou con directores como Vicent Escrivà (El virgo de Vicenteta, 1979), Carles Mira (Daniya, jardí de l'harem, 1988; Jalea real, 1981), Toni Canet (Amanece como puedas, 1988), Luis García Berlanga (Moros y cristianos, 1987) e Ventura Pons (La rossa del bar, 1986; Puta misèria!, 1989). Nos anos oitenta participa no primeiro programa de radio en valenciano, De dalt a baix, en Radiocadena Española.[4]
No ano 1989, cando se iniciaban as emisións de Televisió Valenciana, a dirección da entidade pública encarga a Joan Monleon a presentación dun programa de variedades en Canal 9, El Show de Joan Monleon. O espazo, que combinaba o xénero do concurso e mais outros, como a entrevista ou o talk show, con elementos da cultura popular valenciana, converteuse axiña nun mito da televisión no País Valenciano. O programa se mantivo do 1989 até ao 1992 e converteu o de Monleon nun dos rostros máis populares da incipiente canle autonómica[3]. Nesta cadea presentou tamén os programas El món de Monleon (1994) e Fem un pacte, que se emitiu no 1996.
Despois, Monleon volveu á radio (Ràdio 9) e continuou realizando colaboracións en obras de teatro e nunha película (Rencor, 2002, de Miguel Albaladejo), e tamén algunhas aparicións puntuais na televisión, como o programa Dora,Dora, presentou na Televisión Española no ano 1994.[4][5] Máis tarde retirouse do mundo do espectáculo. No 2008 foi homenaxeado no Festival de Cine en Valenciano Inquiet de Picassent pola súa achega cultural.[4][6]
Morreu na mañá do 28 de decembro de 2009 no Hospital 9 de Octubre de Valencia, dunha afección cardíaca.[7]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- El virgo de Vicenteta (1979)
- Vicenteta, esta-te queta (1979)
- El vicari d'Olot (1980)
- Jalea real (1980)
- Con el culo al aire (1980)
- Las aventuras de Zipi y Zape (1981)
- Los pornoaficionados (1982)
- El fascista, doña Pura y el follón de la escultura (1983)
- Un genio en apuros (1983)
- La gran quiniela (1984)
- Un, dos, tres... ensaïmades i res més (1985)
- La rossa del bar (1985)
- Moros y cristianos (1987)
- Daniya, jardí de l'harem (1988)
- Amanece como puedas (1988)
- Puta misèria! (1989)
- Rencor (2002)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario Crítico, ed. (28/12/2009). "Si Fellini hubiera pasado por Valencia, Monleón saldría en sus películas (entrevista a Carles Gámez)". Consultado o 16/09/2010. (en castelán)
- ↑ El País, ed. (02/11/1976). "Reaparición del grupo "Els Pavesos"". Consultado o 28/12/2009. (en castelán)
- ↑ 3,0 3,1 Vilaweb.cat, ed. (28/12/2009). "Es mor l'actor i cantant Joan Monleon". Arquivado dende o orixinal o 20/06/2010. Consultado o 28/12/2009. (en catalán)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Levante-EMV, ed. (28/12/2009). "Si he hecho felices a muchos de aquí y del extranjero me siento satisfecho". Arquivado dende o orixinal o 04/01/2010. Consultado o 28/12/2009. (en castelán)
- ↑ Televisión Española, ed. (30/04/1994). "Eurovisión 1994 - Xurado TVE 1/2 (com Dora Dora)". Consultado o 28/12/2009. (en castelán)
- ↑ Red Teatral (ed.). "Programación Sede SGAE - Fundación Autor 08". Arquivado dende o orixinal o 09/11/2013. Consultado o 28/12/2009. (en castelán)
- ↑ Levante-EMV, ed. (28/12/2009). "Adiós al showman valenciano". Consultado o 28/12/2009. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joan Monleon na IMDb (en inglés).