Joaquín Míguez Ledo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1907 Mondariz, España |
Morte | 24 de outubro de 1936 (28/29 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Joaquín Míguez Ledo, nado en Mondariz cara a 1907 e finado en Vigo o 24 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Segunda República foi presidente do Sindicato de Gondomar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado na causa 805/36, polo delito de rebelión con José Pequeño Rodríguez (alcalde de Gondomar), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), José Cribeiro González, José Vargas Lorenzo e os obreiros Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias "Cañón", Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas. Xulgados en consello de guerra en Vigo o 16 de outubro,[1] foi condenado a pena de morte e executado en Vigo o 24 de outubro de 1936.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Crespo Fernández, Elena (2021). "A represión franquista en Gondomar". Revista de Estudos Miñoráns (21): 151–195.
- Méixome, Carlos (2021). Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 53–77. ISBN 978-84-8487-506-2.