Saltar ao contido

José Vargas Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Vargas Lorenzo
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor en Wikidata
Gondomar, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1530

José Vargas Lorenzo, nado en Gondomar cara a 1874, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Peitieiros, foi secretario da sociedade agraria de Peiteiros.[1] Membro do Partido Radical foi concelleiro de Gondomar. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Procesado na causa 816/36 xunto con Álvaro Pérez Iglesias. Xulgado en Vigo por rebelión o 16 de outubro con José Pequeño Rodríguez (alcalde), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), José Cribeiro González, Joaquín Míguez Ledo, Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias (a) Cañón, Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas,[2] foi condenado a 9 anos de prisión.

  1. El Pueblo Gallego, 16-7-1933, p. 12.
  2. El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]