Joaquín María Ferrer Cafranga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1777 Pasaia, España |
Morte | 30 de setembro de 1861 (83 anos) Mondragón (España) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, ministro, político, militar |
Partido político | Partido Progresista |
Familia | |
Irmáns | José Joaquín Ferrer y Cafranga |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) , (vol:XXIII, sec:Ferrer y Cafranga (Joaquín María de), p.929) |
Joaquín María de Ferrer y Cafranga, nado en Pasaia (Guipúscoa) o 8 de decembro de 1777 e finado en Santa Águeda (Guipúscoa) o 30 de setembro de 1861,[1] foi un político e militar español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adicouse ao comercio con América e conseguiu facer fortuna. En 1811 aparece destinado como capitán do Rexemento de Voluntarios Distinguidos da Concordia Española do Perú. Pasou, en terras americanas, catro anos até o seu retorno a España en 1815.
Foi moi activo en política, converténdose en deputado por Guipúscoa nas eleccións de 1822 durante o Trienio Liberal. Pouco despois chegou a ser presidente do Congreso dende o 1 de maio até o 1 de xuño de 1823[2]. Ese mesmo ano, viuse obrigado a marchar ao exilio por mor do xiro absolutista de Fernando VII. Residiu en Francia e no Reino Unido pero regresou en 1833.
Durante a minoría de idade de Isabel II, no goberno de Calatrava foi Ministro de Facenda durante un só día (entre o 14 e o 15 de agosto de 1836), en momentos especialmente convulsos. Despois foi elixido deputado, de novo, e presidiu por segunda vez as Cortes Xerais entre o 2 e o 31 de xaneiro de 1837[2].
Vencellado a Baldomero Espartero e ao Partido Progresista, viuse desprazado da primeira liña política ata que este asumiu a rexencia. Volveu ostenar cargos variados: foi nomeado ministro de Facenda interino en varias ocasións (do 10 de outubro de 1840 ao 16 de outubro de 1841), Ministro de Estado (do 3 de outubro de 1840 ao 10 de maio de 1841; e de novo do 10 ao 20 de maio do mesmo ano) e Presidente do Consello de Ministros entre o 10 e o 20 de maio de 1841[3]. Entre 1837 e 1839 foi senador por Guipúscoa e de 1841 a 1843 por Navarra[4] e finalmente, en 1847, foi nomeado senador vitalicio.[4]
A partir de entón apenas participou na actividade política, agás para algunhas misións diplomáticas e de relacións comerciais internacionais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Expediente personal del senador D. Joaquín María Ferrer y Cafranga". senado.es. Consultado o 10-10-2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Joaquín María Ferrer y Cafranga". congreso.es. Consultado o 10-10-2017.
- ↑ "Ferrer y Cafranga, Joaquín María". congreso.es. Consultado o 10-10-2017.
- ↑ 4,0 4,1 "Ferrrer y Cafranga, Joaquín María". senado.es. Consultado o 10-10-2017.