Joaquín Yebra-Pimentel Vidal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Pesqueiras, España |
Morte | 29 de marzo de 2010 Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Chantada | |
1949 – 1958 ← Luís Campo Fernández – José Manuel Vázquez Yebra → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Joaquín Yebra-Pimentel Vidal, nado en Pesqueiras (Chantada) e finado en Santiago de Compostela o 29 de marzo de 2010, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alcalde accidental de Chantada o 3 de abril de 1949 e alcalde definitivo o 3 de maio dese ano. Cesou o 2 de febreiro de 1958. Trasladouse a Santiago de Compostela e foi membro do Consello de Administración da empresa editora de El Correo Gallego. Participou na fundación de Coalición Galega.
Predecesor: Luís Campo Fernández |
Alcalde de Chantada 1949 - 1958 |
Sucesor: José Manuel Vázquez Yebra |
Casou con Joaquina Rodríguez López.