José Manuel Vázquez Yebra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 |
Morte | 29 de maio de 2021 (92/93 anos) Vigo, España |
Alcalde de Chantada | |
1958 – 1964 ← Joaquín Yebra-Pimentel Vidal – José Regal Vázquez → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Irmáns | Sergio Vázquez Yebra |
José Manuel Vázquez Yebra, nado en 1928 e finado en Vigo o 30 de maio de 2021, foi un avogado e político que chegou a ser alcalde de Chantada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alcalde de Chantada o 2 de febreiro de 1958. Cesou o 2 de marzo de 1964. Durante o seu mandato na alcaldía inaugurouse o encoro de Belesar e contruíuse o campo de fútbol do Sangoñedo. Casado con Amadora de Soto Rodríguez, neta do banqueiro Benito de Soto Linares, foi secretario do consello de administración do Banco de Soto tralo seu paso pola alcaldía. Logo da fusión desta entidade co Banco de Vigo para constituír o Banco de Galicia, foi xefe da súa asesoría xurídica ata a súa xubilación.
Tamén foi directivo do Círculo Recreativo Cultural de Chantada.
Predecesor: Joaquín Yebra-Pimentel Vidal |
Alcalde de Chantada 1958 - 1964 |
Sucesor: José Regal Vázquez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amadora de Soto Rodríguez en 1957 e tivo sete fillos.
O seu irmán máis novo, Sergio Vázquez Yebra, tamén foi alcalde de Chantada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Múgica Melgar, José Luis (2010). Bubok, ed. Banco de Galicia, orígenes, evolución y extinción. p. 46. ISBN 978-84-9981-067-6. Consultado o 16 de maio de 2013.