Joe Dallesandro
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Joseph Angelo D’Allesandro 31 de decembro de 1948 (75 anos) Pensacola (Estados Unidos de América) |
Actividade | |
Ocupación | actor, guionista, produtor de cinema, actor de cinema, actor de televisión, modelo, actor pornográfico |
Período de actividade | 1967 - |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | joedallesandro.com |
|
Joseph Angelo Dallesandro, nado en Pensacola (Florida) o 31 de decembro de 1948, é un modelo fotográfico e actor de cinema estadounidense.
Dallesandro foi coñecido por protagonizar os filmes que Andy Warhol e Paul Morrissey rodaban en The Factory. Destacou pola súa beleza e o seu voluptuoso físico que mostraba espido nos filmes, así como pola súa sinceridade cara á súa bisexualidade. Aínda que nunca se converteu nunha estrela de cinema comercial, Dallesandro é lembrado por ser o símbolo sexual masculino máis famoso do cinema underground dos anos 60 e 70 e unha icona homoerótica, cun culto que persiste.[1] Segundo o seu biógrafo Michael Ferguson, Dallesandro foi «o primeiro sex symbol masculino abertamente erotizado que camiñaba espido a través da pantalla».[2] En palabras do director de cinema John Waters, Joe era «un marabilloso actor que cambiou para sempre a sexualidade masculina na pantalla».[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo un adolescente, Dallesandro gañaba a vida grazas ao seu físico, ben posando como modelo de espidos, prostituíndose, ou traballando como actor pornográfico. Nunha entrevista posterior, Dallesandro referiuse a esta época da súa vida: «Nos meus días como prostituto máis que nada estaba a tentar coidar de min mesmo. Atopei toda aquela xente e eles tranquilizábanme, ensináronme unha parte diferente da vida. A miña actitude baseábase en tomar todo aquilo como unha ampliación das miñas experiencias vitais; máis tarde comprendín que realmente buscaba unha figura paterna e alguén que me quixese».[4]
En 1967, con dezoito anos, Dallesandro coñeceu a Andy Warhol e a Paul Morrissey, cando estaban inmersos na dirección de The Loves of Ondine, escolléndoo para que participase no filme cando xa estaba en plena rodaxe.[5] Warhol comentou máis tarde: "Nos meus filmes, todo o mundo namórase de Joe Dallesandro."[6]
Dallesandro foi a opción máis lóxica para interpretar o prostituto adolescente de Flesh, que foi o seguinte filme do tándem e que contiña gran cantidade de escenas de espidos. Este filme tivo un notable éxito internacional e converteu a Dallesandro no "Warhol Superstar" máis popular. Rapidamente proxectouse como un actor de culto grazas ao seu físico, de baixa estatura (1,68 m) mais moi agraciado, que mostraba con gran desinhibición nos seus filmes.
Entre outros traballos tamén protagonizou Lonesome Cowboys, Trash, Heat, Andy Warhol's Frankenstein e Andy Warhol's Dracula todos eles dirixidos por Paul Morrissey. Estes dous últimos títulos filmáronse en Europa e tras rodalos Dallesandro decidiu non volver aos Estados Unidos,[7] participando en filmes franceses e italianas que aprazaron o regreso ao seu país ata a década dos 80. Durante ese período alternou a súa presenza en filmes de acción ou eróticas de serie B con outras dirixidos por prestixiosos directores como Black Moon (Louis Malle, 1975) e Merry-Go-Round (Jacques Rivette, 1981). Tamén participou no filme Je t'aime moi non plus dirixido polo cantante Serge Gainsbourg, que coprotagonizou xunto á esposa deste, Jane Birkin. Tralo seu regreso aos Estados Unidos participou en varios filmes sen Warhol e Morrissey, como Cotton Club de Francis Ford Coppola, onde interpretaba o mafioso Lucky Luciano ou en Cry-Baby de John Waters.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Dallesandro é abertamente bisexual,[8] casou tres veces e tivo tres fillos.[9] Casou coa súa primeira esposa, Leslie, filla da moza do seu pai, en 1967. O seu fillo, Michael, naceu o 19 de decembro de 1968. O matrimonio disolveuse en 1969. O seu segundo matrimonio foi con Theresa ("Terry") en 1970. O seu fillo, Joseph A. Dallesandro, Jr., naceu o 14 de novembro de 1970. A parella divorciouse a principios de 1978. En 1987, Dallesandro casou por terceira vez, con Kimberly ("Kim").
Semirretirado da interpretación, en 2009 dirixía un edificio de apartamentos nos Ánxeles.[10]
En 1994 comentou:
Vivín unha vida completa, en que fixen grandes cousas. Pasei por algunhas dificultades, pero en xeral, levei unha gran vida.[4]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Na canción de Lou Reed "Walk on the Wild Side", sobre as personaxes que Reed coñeceu no estudio de Warhol, The Factory, os versos sobre Dallesandro empregaban o seu alcume, Little Joe.[11] Dallesandro ten unha característica tatuaxe na parte superior do seu brazo dereito onde se pode ler Little Joe.
- A portada do disco Sticky Fingers, dos Rolling Stones, era unha fotografía de Warhol en que se vía un primeiro plano da entreperna de Joe enfundada nuns cinguidos pantalóns vaqueiros. As primeiras edicións do álbum inclúian unha cremalleira que funcionaba sobre a fotografía.[12]
- En 1984, o grupo británico The Smiths empregou unha imaxe súa do filme Flesh para ilustrar o seu disco de debut.[13]
- A banda norueguesa de pop Briskeby publicou en 2005 un sinxelo chamado "Joe Dallesandro".[14]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1967 | Four Stars | College Wrestler | Título alternativo: The 24 Hour Movie |
1968 | San Diego Surf | Joe | |
1968 | The Loves of Ondine | College Wrestler | |
1968 | Flesh | Joe, the hustler | Título alternativo: Andy Warhol's Flesh |
1968 | Lonesome Cowboys | Little Joe | Título alternativo: Ramona and Julian |
1970 | Trash | Joe Smith | Título alternativo: Andy Warhol's Trash |
1972 | Heat | Joey Davis | |
1973 | Andy Warhol's Frankenstein | Nicholas, the stableboy | Título alternativo: Flesh for Frankenstein |
1974 | Blood for Dracula | Mario Balato, the Servant | Título alternativo: Andy Warhol's Dracula |
1974 | The Gardener | Carl, the Gardener | Títulos alternativos: Garden of Death, Seeds of Evil |
1975 | L'ambizioso | Aldo, the Climber | |
1975 | Black Moon | Brother Lily | |
1975 | Fango bollente | Ovidio Mainardi | |
1975 | Il tempo degli assassini | Pierro Giaranaldi | |
1976 | Je t'aime moi non plus | Krassky | |
1976 | La Marge | Sigismond | |
1978 | 6000 km di paura | Joe Massi | |
1978 | Suor Omicidi | Dr. Patrick Roland | |
1980 | Vacanze per un massacro | Joe Brezzi | |
1981 | Merry-Go-Round | Ben | |
1982 | Queen Lear | Joseph Kunz, the father | |
1984 | Cotton Club | Charles "Lucky" Luciano | |
1986 | Fortune Dane | 'Perfect' Tommy Nicautri | 5 episodios |
1987 | Critical Condition | Stucky | |
1987 | Miami Vice | Alfredo Giulinni | Episodio: "Down for the Count: Part 2" |
1987 | Wiseguy | Paul 'Pat the Cat' Patrice | 5 episodios |
1988 | Sunset | Dutch Schultz | |
1988 | The Hitchhiker | Gerard | Episodio: "Fashion Exchange" |
1988 | Double Revenge | Joe Halsey | |
1989 | The Hollywood Detective | Eddie Northcott | Telefilme |
1990 | Matlock | Bobby Boyd | 2 episodios |
1990 | Almost an Angel | Bank Hood Leader | |
1990 | Cry-Baby | Mr. Hackett | |
1991 | Inside Out | Richard | Episodio: "The Diaries" |
1991 | Wild Orchid II: Two Shades of Blue | Jules | |
1992 | Guncrazy | Rooney | |
1992 | Love Is Like That | Boss | |
1994 | Sugar Hill | Tony Adamo | |
1995 | Theodore Rex | Rogan | Directo a vídeo |
1998 | L.A. Without a Map | Michael | |
1999 | The Limey | Uncle John | Acreditado como Joe Dallessandro |
2000 | Beefcake | Cameos, imaxes de arquivo | |
2002 | Pacino Is Missing | Sal Colletti | |
2008 | 3 Stories About Evil | Jean Maries | Curtametraxe |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morris, Gary (13 de xaneiro de 2000). "Book Review: Little Joe, Superstar: The Films of Joe Dallesandro". Bright Lights Film Journal. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ Ferguson, Michael (1998). Little Joe, Superstar: The Films of Joe Dallesandro. Companion Press.
- ↑ "Joe Dallesandro.com". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2007.
- ↑ 4,0 4,1 Interview magazine, outubro de 1994
- ↑ "Interview with Joe Dallesandro". Manner of Man (4). decembro de 2013.
- ↑ Greenberg, Jan; Jordan, Sandra (25 de marzo de 2009). Andy Warhol, Prince of Pop. Random House. p. 120. ISBN 978-0-307-51306-9.
- ↑ Ferguson, Dr. Michael (2003). Idol Worship: A Shamless Celebration of Male Beauty in the Cinema (2 ed.). STARbooks Press. p. 162. ISBN 978-1-8918-5548-1.
- ↑ Ferguson & Dallesandro 1998, p. 82
- ↑ Lyons, Tina (marzo de 1998). "Joe Dallesandro,1998". Index Magazine (13). Consultado o 18 de novembro de 2012.
- ↑ O'Brien, Glenn (6 de xullo de 2009). "Joe Dallesandro". Interview. Consultado o 18 de novembro de 2012.
- ↑ Roberts, Chris (2004). Lou Reed: Walk On The Wild Side: The Stories Behind the Songs. Hal Leonard Corporation. p. 44. ISBN 978-0-6340-8032-6.
- ↑ "Album Cover Joe". Joedallesandro.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 2010-10-07.
- ↑ Grønstad, Asbjørn; Vagnes, Oyvind (2010). Cover Scaping: Discovering Album Aesthetics. Museum Tusculanum Press. p. 104. ISBN 978-8-7635-0774-5.
- ↑ Sex-ikon er gull for Briskeby, by Freddy S. Fagerheim; at NRK.no; publicado o 1 de decembro de 2005; consultado o 4 de abril de 2020
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joe Dallesandro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ferguson, Michael; Dallesandro, Joe (1998). Little Joe, Superstar: The Films of Joe Dallesandro. Companion Press. ISBN 978-1-8891-3809-1.
- Watson, Steven (2003). Factory Made: Warhol and the Sixties. Pantheon Books. ISBN 978-0-6794-2372-0.