Joel Jorquera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 2000 (24 anos) Castelldefels, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Joel Jorquera Romero, nado en Castelldefels o 19 de agosto de 2000, é un futbolista catalán que xoga como extremo esquerdo no Eldense, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas canteiras do CF Gavà e do Europa, debutando co primeiro equipo deste último o 28 de abril de 2019, na Terceira División.[1]
En agosto de 2020 fichou por tres anos polo Cádiz, sendo inicialmente asignado ao filial na Segunda División B.[2] En outubro saíu cedido ao CE L'Hospitalet.[3]
Ao seu regreso a Cádiz en xullo de 2021 foi asignado de novo ao equipo B do Cádiz na Segunda División RFEF. O 11 de xaneiro de 2023 fichou polo Eldense da Primeira Federación,[4] e rematou a campaña con dous goles en 15 partidos totais, contribuíndo ao regreso do club á Segunda División despois de 59 anos.
Debutou na categoría de prata o 28 de agosto de 2023, substituíndo a David Timor nunha vitoria por 2-1 ante o Eibar.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joel Jorquera, el darrer debut de la casa" (en catalán). 23 de abril de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Joel Jorquera, velocidad zurda para el filial" (en castelán). 8 de agosto de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Joel Jorquera jugará cedido en L'Hospitalet" (en castelán). 3 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "El Eldense se refuerza con el extremo zurdo Joel Jorquera" (en castelán). 11 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "El Pepico Amat sorprende al Eibar en un estreno para recordar" (en castelán). 28 de agosto de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2024.