Saltar ao contido

Johann Friedrich von Eschscholtz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohann Friedrich von Eschscholtz
Nome orixinalJohann Friedrich Gustav von Eschscholtz
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1793
Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso
(Hoxe Tartu, Estonia)
Morte19 de maio de 1831
Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso
Causa da morteTifo
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidaderusa
(Alemáns do Báltico)
Formación profesionalMedicina
EducaciónUniversidade Imperial de Dorpat
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
OcupaciónMédico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade
EmpregadorUniversidade Imperial de Dorpat
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaEschsch. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaEschscholtz Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios
Membro da Leopoldina
Membro da Academia prusiana das Ciencias

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir
Grande Enciclopedia Yuzhakov Editar o valor en Wikidata

Johann Friedrich von Eschscholtz (en ruso, Иоганн Фридрих фон Эшшольц), nado o 1 de novembro de 1793 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso (hoxe Tartu, Estonia), e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1831, foi un médico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade ruso (da minoría étnica dos alemáns do Báltico).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eschscholtz estudou Medicina na Universidade Imperial de Dorpat (hoxe Universidade de Tartu), e comezou a súa carreira principal alí: foi profesor extraordinario de Anatomía (1819), director de Zooloxía (1822) e profesor titular de Anatomía (1828).

Entre 1815 e 1818 foi o médico e naturalista na nave rusa expedicionaria Rurick, baixo as ordes de Otto von Kotzebue. Recolectou especies en Brasil, Chile, California, nas illas do Pacífico, e no estreito de Bering, Kamchatka e nas illas Aleutianas.

O outro naturalista a bordo era o botánico Adelbert von Chamisso, que coleccionou con Eschscholtz os espécimes de insectos durante a viaxe. Os dous eran amigos íntimos, e Chamisso denominou a papoula de California co nomee científico de Eschscholzia californica no seu honor. Os resultados da viaxe publicáronse na revista de Berlín Entomographien en 1822.

De 1823 a 1826 Eschscholtz fixo unha segunda viaxe, na nave Predpriaetie, de novo con Kotzebue como comandante. As coleccións máis grandes, principalmente de coleópteros, recolectáronse nos trópicos e en Alasca, Sitka e California.

Antes da súa temperá morte Eschscholtz visitou o especialista francés en coleópteros Pierre François Marie Auguste Dejean. Eschscholtz describiu coleópteros que el coleccionara usando a colección de Dejean para decidir que era novo. Os nomes binomiais que el lles deu, a as súas descricións, foron publicadas por Dejean despois da morte de Eschscholtz. Dejean atribuínos a Eschscholtz, pero as regras da nomenclatura binominal máis tarde o excluíron.

Eschscholtz foi un dos primeiros e máis importantes científicos na exploración do Pacífico, Alasca e California. Entre as súas publicacións destacan System der Akalephen (1829) e o Zoologischer Atlas (1829-1833).

En 1821, von Eschscholtz foi elixido membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.[1]

Eschscholtz foi o primeiro naturalista en describir o verme landra (Balanoglossus), que encontrou nas illas Marshall en 1825.

As súas coleccións de insectos están no Museo Zoolóxico de Moscova, e nos Museos de Dorpat (Tartu) e Helsinqui.

  • Kotzebue nomeu unha iila das Marshall como atol Eschscholtz (que se renomeou en 1946 como atol Bikini).
  • Kotzebue tamén deu nome ne seu honor a unha pequena baía situada ao final do Kotzebue Sound (en Alasca), a baía Eschscholtz.
  • O xénero Eschscholzia foi nomeado no seu honor.

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Beidleman, Richard G. (2006). California's Frontier Naturalists. University of California Press. pp. 48–60. 
  • Daum, Andreas W. (2019). "German Naturalists in the Pacific around 1800: Entanglement, Autonomy, and a Transnational Culture of Expertise". En Berghoff, Hartmut. Explorations and Entanglements: Germans in Pacific Worlds from the Early Modern Period to World War I. Berghahn Books. pp. 79–102. 
  • Essig, E. O. (1931) History of Entomology.
  • McKelvey, Susan Delano (1998). "Eschscholtz and Von Chamisso Spend a Month at the Bay of San Francisco" (PDF). Fremontia 26 (3). 
  • Pont, A. C. (1995). The dipterist C. R. W. Wiedemann (1770–1840). His life, work and collections. Steenstrupia 21: 125 - 154.
  • Sterling, Keir B., ed. (1997). "Eschscholtz, Johann Friedrich". Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Greenwood Press. 
  • "Eschscholtz, Johann Friedrich Gustav von (1793-1831)". JSTOR Global Plants (ITHAKA).