Saltar ao contido

Johanna Koivula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohanna Koivula

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata

Johanna Koivula, nada o 15 de outubro de 1980 en Tampere (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo retirada, que xogou na máxima categoría do hóckey feminino finlandés durante máis de 20 anos[1][2] e foi internacional con Finlandia.[1][3] Xogaba como centro.[1]

Koivula xogou para Ilves Naiset na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende a tempada 1997-98, coa excepción da tempada 2015-16, cando xogou en HPK.[1] En outubro de 2017 xogou o seu partido número 500 na competición e anotou o seu gol 200.[4] Gañou o campionato finlandés nos anos 2006 e 2010[2][5] e gañou unha ducia doutras medallas.[2]

Koivula xogou 19 encontros coa selección finlandesa, nos que anotou un gol e dúas asistencias.[3]

O 19 de marzo Ilves Naiset retirou o número 15 no seu honor.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Johanna Koivula" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kallioniemi 2017, p. 526.
  3. 3,0 3,1 Kallioniemi 2017, p. 350.
  4. Nyholm, Taru (3 de outubro de 2017). "Naisten Liigassa Ilveksen Johanna Koivula oli viikonlopun nimi - 500 pääsarjaottelua ja 200 tehtyä maalia täyteen!" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 20 de agosto de 2022. 
  5. Kallioniemi 2017, p. 217.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kallioniemi, Riku (2017). Jääkiekkokirja 2017–2018 (en finés). Jääkiekon SM-liiga Oy. ISSN 0784-3321.