John Reis
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) San Diego, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical, compositor, guitarrista |
Período de actividade | 1986 - |
Xénero artístico | Punk rock |
Instrumento | Guitarra |
Páxina web | swamirecords.com |
John Reis, nado en 1969 e coñecido tamén cos pseudónimos de Speedo, Slasher e The Swami, é un músico, cantante, guitarrista, disc jockey e empresario discográfico norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]John Reis é especialmente coñecido como o cantante e guitarrista a banda de rock Rocket from the Crypt, que formou, estando á súa fronte durante toda a súa existencia (1990-2005). Anteriormente fora o guitarrista na banda de post-hardcore Pitchfork, e mais tamén en Drive Like Jehu durante os primeiros anos da década de 1990. Posteriormente formou Hot Snakes (1999-2005) e Sultans (2000-2007), na cal cantaba e tocaba o baixo primeiro e logo a guitarra rítmica. Tamén gravou en 1994 un disco en solitario, Back Off Cupids que non se editou ata 1999, e nese ano fundou a discográfica Swami Records, que traballa en especial con grupos do sur de California. Tamén ten o seu propio programa semanal de radio, "Swami Sound System", primeiro na emisora KBZT de San Diego durante sete anos [1] e a partir de 2012 na Slacker Radio, un servizo de radio interactiva. Desde 2007 participa no grupo The Night Marchers e no 2011 reviviu a banda Hot Snakes.