John Sigismund Tanner
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1705 |
Morte | 1775 (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | gravador, medallista |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
John Sigismund Tanner nado en 1705 en Saxonia-Coburgo e finado o 14 de marzo de 1775 en Londres, foi un medallista e gravador de moeda británico que ocupou o posto de gravador xefe da Royal Mint durante os reinados de Xurxo II e Xurxo III.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chamado orixinariamente Johann Sigismund, Tanner era orixinario do Ducado de Saxonia-Coburgo, onde na súa xuventude practicou a talladura e o gravado de obxectos como caixas de rapé, seguros de armas de fogo etc.[1][2]
Chegou a Inglaterra en 1728 e alí gravou as súas primeiras medallas, entre as que destacan a dedicada a Xurxo II e a familia real (1732) e a da Lotaría de Jenergan (1736).[1]
Ao pouco tempo da súa chegada a Londres e por mediación do político John Conduit —daquela Master of the Mint—, acadou axiña un emprego como gravador na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint), onde se encargou do deseño e o gravado de varias series de moedas, como axudante de John Croker.[3] Logo da morte deste en 1741, foi nomeado o seu sucesor no posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, que ocupou o resto da súa vida.[1]
Entre as moedas obra de Tanner destacan as cuñaxes de ouro de 1739, as de cobre de 1740 e algunhas das de prata de 1743, a nome de Xurxo II. No entanto, a nome de Xurxo III limitouse a gravar algunhas probas, aínda que os cuños das moedas circulantes foron xa obra do seu axudante, Ricard Yeo, dado que os problemas de visión de Tanner o imposibilitaron para se ocupar persoalmente destes mesteres.[4]
Tanner morreu na súa residencia de David Street, en Londres, o 14 de marzo de 1775.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wroth, W. W. "Tanner, John Sigismund (d. 1775)". En Stephen, L.; Lee S. (1898). Páxinas 358-359.
- ↑ 2,0 2,1 Forrer, L. (1916). Páxina 14.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 14-15.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 15-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Sigismund Tanner |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forrer, L. (1916). "Tanner, John Sigismund". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 14-17.
- Stephen, L.; Lee S. (1898). Dictionary of National Biography. Vol. LV. Oxford University Press.
Predecesor: John Croker |
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) 1741 - 1773 |
Sucesor: Richard Yeo |