Richard Yeo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1720 |
Morte | 1779 (58/59 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | pintor, debuxante, medallista |
Período de actividade | 1749 - 1779 |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Richard Yeo, nado ca. 1720 e finado o 3 de decembro de 1779, foi un medallista e gravador de moeda británico que ocupou o posto de gravador xefe da Royal Mint durante o reinado de Xurxo III.
Yeo foi un dos fundadores da Royal Academy.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os primeiros datos coñecidos da vida de Richard Yeo corresponden ao ano 1745, cando se sabe que residía en Londres, preto de Craven Street, en Westminster, e un ano máis tarde en Tavistock Street, Covent Garden.[1][2]
Sábese tamén da súa actividade como medallista en 1746, ano en que están datadas polo menos dúas medallas que levan a súa sinatura, unha delas dedicada ao Duque de Cumberland.[1][2]
En 1749 ingresou como gravador axudante na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) e, logo do falecemento do seu antecesor, John Sigismund Tanner, en 1775 foi nomeado gravador xefe da institución, posto no que se mantivo o resto da súa vida.[1][2]
Yeo compuxo unha pequena colección de moedas, medallas e utensilios e ferramentas de gravado, que foi vendida en poxa pública por Langford's, en Covent Garden, os días 2 e 3 de febreiro de 1780.[2][3] Todos os seus traballos estaban asinados mediante unha marca de gravador; as máis frecuentes foron "R. YEO", "YEO",[2] "YEO·F", "R·YEO F" e "YEO·FECIT".[4]
En 1760 ingresou na Incorporated Society of Artists e tamén foi un dos membros fundadores da Royal Academy, institución na que expuxo varios dos seus traballos.[1][2]
Richard Yeo finou o 3 de decembro de 1779.[1][2]
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]-
Medalla da Academy of Ancient Music (1750).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Forrer, L. (1916). Páxina 701.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Wroth, W. W. "Yeo, Richard". En Stephen, L.; Lee S. (1922). Páxinas 1.235-1.236.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxina 702.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 702-704.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Yeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forrer, L. (1916). "Yeo, Richard". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 701-704.
- Linecar, H. W. A. (1977). British Coin Designs and Designers. Londres. G. Bell & Sons Ltd. ISBN 978-0-7135-1931-0
- Stephen, L.; Lee S. (1922). Dictionary of National Biography. Vol. XXI. Oxford University Press.
Predecesor: John Sigismund Tanner |
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) 1773 - 1779 |
Sucesor: Lewis Pingo |