Lewis Pingo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1743 |
Morte | 1830 (86/87 anos) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | medallista |
Familia | |
Cónxuxe | Sarah Rowley |
Fillos | Sarah Pingo |
Pai | Thomas Pingo |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Lewis Pingo, nado en Londres en 1743 e finado en Camberwell, Londres, o 26 de agosto de 1830, foi un destacado gravador e medallista británico, que ocupou o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres de 1779 a 1815.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lewis Pingo naceu en 1743 en Londres. Pertencía a unha familia de recoñecidos gravadores e medallistas; era fillo do gravador asistente da Royal Mint Thomas Pingo,[2][3] e irmán do tamén gravador John Pingo.[4]
En 1776 foi designado como sucesor do seu pai no posto de gravador axudante na Royal Mint, posto que mantivo ata 1779, cando foi nomeado gravador xefe.[5] Ocupou este cargo ata a súa xubilación en 1815, aos 72 anos.[2][3]
Ao longo da súa carreira, Pingo gravou os cuños para diversas moedas circulantes e emisións en proba británicas a nome de Xurxo III (1760-1801),[6][7] como os xilins e as moedas de seis peniques emitidas en 1787, a serie da guinea de ouro e os seus divisores, e tamén a segunda versión da serie Maundy do mesmo monarca.[8] Tamén gravou os cuños da moeda de prata de tres xilins emitida polo Banco de Inglaterra e para a moeda de cobre da Compañía das Indias Orientais.[9]
Entre as medallas creadas por Pingo cabe salientar a do doutor Richard Mead (1773); a medalla Copley da Royal Society, co busto de James Cook (1776); a medalla Freemasons' Hall (1780) e a da defensa de Xibraltar (1782) entre outras moitas.[11][12]
A modo de sinatura de artista, Pingo adoitaba incluír nas súas creacións as iniciais L. P. ou L. PINGO.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Lewis Pingo casou dúas veces e tivo oito fillas. Unha das súas esposas foi Sarah Rowley, filla do vicealmirante Sir Joshua Rowley.[4][13]
Pingo finou en Camberwell o 26 de agosto de 1830, aos 87 anos.[2][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "print; trade-card". The British Museum.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Forrer, L. (1909). Páxina 551.
- ↑ 3,0 3,1 "Lewis Pingo 1743 - 1830". Science Museum Group.
- ↑ 4,0 4,1 Wroth, W. W. (1895-b-).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Wroth, W. W. (1895).
- ↑ Crowther, Geoffrey (1887). A Guide to English Pattern Coins in Gold, Silver, Copper, and Pewter: From Edward I to Victoria. Londres. Páxina 36.
- ↑ Montagu, H. (1885). The Copper, Tin and Bronze Coinage and Patterns for Coins of England. Rollin & Feuardent, Londres. Páxinas 132, 134.
- ↑ Hawkins, E. (1841). The Silver Coins of England. E. Lumley, Londres. Páxinas 245, 250.
- ↑ Moedas deseñadas por Lewis Pingo. Numista.com
- ↑ [Pence - George III]. Numista.com.
- ↑ Forrer, L. (1909). Páxinas 551-555.
- ↑ Cochran, Pick, Robert (1884). Catalogue of the medals of Scotland. Duglas, Edimburgo. Páxina 108.
- ↑ Cokayne, G. E. (1900). The Complete Baronetage. Gloucester. Páxina 253.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lewis Pingo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Challis, C.E. (1992). A New History of the Royal Mint. Cambridge University Press. ISBN 978-0521240260
- Craig, J. (1953). The Mint: A History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0521170772
- Forrer, L. (1909). "Pingo, Lewis". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Vol. 4. Páxinas 551-555.
- Wroth, W. W. (1895-a-). "Lewis Pingo". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- Wroth, W. W. (1895-b-). "ingo Family". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
Predecesor: Richard Yeo |
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) 1795 - 1815 |
Sucesor: Thomas Wyon |