John Tangi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1950 ![]() Alofi, Niue ![]() |
Morte | 1 de agosto de 2018 ![]() |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Pacífico Sur Universidade do Havaí (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
John David Tangi, nado o 13 de novembro de 1950 en Alofi (Niue), é un ministro eclesiástico e político das Illas Cook.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tangi, que ten o título tradicional de Itaaka Rangatira e é o voceiro de Makea Vakatini Ariki, foi á escola primaria en Rarotonga e comezou a secundaria na illa rematándoa en Niue. Os estudos universitarios realizounos de 1978 a 1981 na Universidade do Pacífico Sur de Suva (Fiji) e en 1981 na Universidade de Hawaii, tamén estudou teoloxía (1990-1992) e mais é pastor das Asembleas de Deus. Resultou elixido por vez primeira para o Parlamento das Illas Cook nas eleccións de 2006 como demócrata en representación da circunscrición de Tupapa/Maraerenga. En xullo de 2010 perdeu nas eleccións primarias do seu partido[1] e optou por presentarse como independente nas eleccións de 2010,[2] quedando o último de catro candidatos co 9.5% dos votos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tupa takes Tupapa". Cook Islands News. 2010-07-16. Consultado o 2010-07-22.
- ↑ "Already on the campaign trail". Cook Islands News. 2010-09-02. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 2010-09-10.