John Terry
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) John George Terry 7 de decembro de 1980 (43 anos) Barking, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Eastbury Community School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Inglaterra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League e English Football League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Paul Terry | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
John George Terry, nado o 7 de decembro de 1980, é un futbolista profesional inglés. Terry xoga na posición de central no Chelsea, equipo da Premier League. Tamén foi capitán da selección de fútbol de Inglaterra dende agosto de 2006 ata febreiro de 2010, e dende marzo de 2011 ata febreiro de 2012.
Terry foi nomeado pola UEFA o mellor defensa do ano en 2005, 2008 e 2009.[1] Levou o premio PFA ao mellor xogador do ano en 2005,[2] e foi incluído no equipo do ano FIFPro durante catro anos consecutivos, dende 2005 ata 2008.[3][4][5]
Ademais, foi nomeado membro do equipo estelar da copa Mundial de fútbol de 2006, o único xogador inglés que accedeu a este equipo.[6] Leva o número 26 na camiseta do Chelsea.
Terry é o capitán máis exitoso do Chelsea, xa que conseguiu co equipo tres títulos da Premier League, catro FA Cups, dúas League Cups e unha UEFA Champions League dende 2004. É un dos cinco xogadores que fixeron máis de 500 aparicións co Chelsea e tamén é o defensor de maior anotación de todos os tempos do club.[7] No 2007, converteuse no primeiro capitán en levantar a FA Cup no novo estadio de Wembley na vitoria do Chelsea 1-0 ao Manchester United, e tamén o primeiro xogador en marcar un gol internacional nese estadio, marcando de cabeza con Inglaterra e empatando 1-1 contra o Brasil.[8]
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Terry xogou inicialmente no Senrab, un equipo afeccionado dun distrito residencial do leste de Londres que lle deu varias estrelas ao fútbol inglés. Entrou no Chelsea aos 14 anos de defensa central.
No Chelsea
[editar | editar a fonte]- Primeira tempada. Terry fixo o seu debut no Chelsea o 28 de outono de 1998 como substituto, pero ese ano xa xogou de titular. En 2002 viuse envolto nun incidente do que foi absolto, e por isto tivo prohibido temporalmente xogar na selección nacional.
- Regularidade no primeiro equipo. Empezou no primeiro equipo do Chelsea na tempada 2000-2001, facendo 23 partidos, e foi votado xogador do ano no club. En 2001 foi capitán do Chelsea por primeira vez, e tamén o será en 2003-2004.
- Tempada 2004-2005. O novo adestrador, José Mourinho, elixiu a Terry como novo capitán do equipo toda a tempada e o Chelsea gañou o título da liga co mellor récord defensivo da historia da liga de fútbol e co mayor número de puntos alcanzado. Votado como xogador do ano e como mellor defensa da liga, marcou oito goles.
- Tempada 2005-2006. Gañou a liga, confirmando a vitoria contra o Manchester United e gañando por 3-0.
- Tempada 2006-2007. Foi expulsado nun partido por dous cartóns amarelos contra o Tottenham Hotspur e o Chelsea perdeu contra estes por primeira vez dende o ano 87. Foi amoestado pola FA por cuestionar o colexiado. Tivo problemas nas costas polos que non xogou algún partido e tivo que operarse dunha hernia discal, con algunha recaída. Foi moi aclamado cando se reincorporou xogando contra o Charlton Athletic. Sufriu outra lesión no nocello xogando contra o Oporto na UEFA Champions League. Un xogador do Arsenal deulle unha patada na cara intentando despexar o balón e tivo unha lesión que o deixou inconsciente e case traga a lingua, pero ese mesmo día volveu do hospital ao estadio para celebrar a vitoria do equipo. A pesar de non estar de acordo co seu contrato dixo que non quería deixar o Chelsea e firmou outro contrato cun salario de 131.000-135.000 libras semanais, o que o fixo o xogador mellor pagado na Premier League.
- Tempada 2007-2008. Xogando contra o Arsenal rompeu tres osos do pé e estivo tres meses sen poder xogar. Sufriu outra lesión e nun partido fallou un penalty que lle podía ter dado a vitoria do partido e da Champions League; Terry chorou. En agosto, foi nomeado defensa do ano.
- Tempada 2008-2009. Primeiro cartón vermello da súa carreira contra o Manchester United. A pesar de ser defensa marcou importantes goles para o Chelsea. Por terceira vez foi galardoado como defensa do ano.
- Tempada 2009-2010. Marcou un gol decisivo no partido contra o Manchester United. Gaña a cuarta liga despois de gañar 8-0 ao Wigan Athletic e gaña a cuarta medalla da FA Cup.
- Tempada 2010-2011. O 31 de decembro, no Partido contra o Aston Villa, Terry capitanea o Chelsea por 400ª vez, un récord para o club.
- Tempada 2011-2012. Foi expulsado por un incidente contra o FC Barcelona e non puido xogar a final de UEFA Champions League contra o Bayern Munchen.
Na selección de fútbol de Inglaterra
[editar | editar a fonte]Fixo o seu debut en xuño de 2003 contra Serbia e Montenegro e empezou o seu primeiro partido en Inglaterra contra Croacia nun partido amigábel. Na FIFA World Cup tivo o honor de ser o capitán en substitución de Michael Owen. En 2006 noméano capitán de Inglaterra sucedendo a Beckham; marcou un gol no seu debut pero non se clasificou para a EURO 2008. En 2007 é o primeiro xogador no equipo sénior de Inglaterra. Confírmase como capitán de Inglaterra. En 2010, por motivos da súa vida privada, o adestrador Fabio Capello substitúeo como capitán de Inglaterra.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Terry naceu en Barking, no leste de Londres, o 7 de decembro de 1980. Ten un irmán, Paul, tamén futbolista profesional. Terry e a súa muller, Toni, teñen dous xemelgos que naceron en 2006. Terry celebrou o seu nacemento marcando un gol para Inglaterra contra Hungría. No ano 2009 foi nomeado "papá do ano".
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Chelsea
- Premier League (3): 2004–05, 2005–06, 2009–10
- FA Cup (5): 2000, 2007, 2009, 2010, 2012
- League Cup (2): 2005, 2007
- FA Community Shield (2): 2005, 2009
- Liga de Campións da UEFA (1): 2012
- UEFA Europa League (1): 2013
- Individual
- PFA Player of the Year: 2004–05
- FIFA World Cup Team of the Tournament: 2006
- FIFPro World XI: 2005, 2006, 2007, 2008, 2009
- UEFA Club Football Awards Best Defender: 2005, 2008, 2009[118]
- UEFA Team of the Year: 2005, 2007, 2008, 2009
- Chelsea Player of the Year: 2001, 2006
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UEFA Club Defender of the Year". UEFA. Consultado o 2 de novembro de 2009.
- ↑ "Terry claims player of year award". Londres: BBC. 24 de abril de 2005. Consultado o 15 de outubro de 2005.
- ↑ "Ronaldinho regains FifPro crown". Londres: BBC. 6 de novembro de 2006. Consultado o 16 de decembro de 2006.
- ↑ "Kaka wins world players' accolade". Londres: BBC. 5 de outubro de 2007. Consultado o 7 de outubro de 2007.
- ↑ "Ronaldo wins world players' award". Londres: BBC. 27 de outubro de 2008. Consultado o 27 de outubro de 2008.
- ↑ "Terry makes Fifa World Cup squad". Londres: BBC. 7 de xullo de 2006. Consultado o 10 de setembro de 2006.
- ↑ "AFTER THE WHISTLE: BACKS HITTING THE BACK OF THE NET". Chelsea FC. 2 de marzo de 2009. Consultado o 8 de marzo de 2011.
- ↑ "England come home". TheFA.com. Consultado o 4 de outubro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Terry |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil oficial do Chelsea (en inglés)
- John Terry na web da FIFA Arquivado 07 de xuño de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
Predecesor: Marcel Desailly |
Capitán do Chelsea 2004– |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: David Beckham |
Capitán da Selección de fútbol de Inglaterra 2006–2007 |
Sucesor: Rotación |
Predecesor: Rotación |
Capitán da Selección de fútbol de Inglaterra 2008–2010 |
Sucesor: Rio Ferdinand |
Predecesor: Rio Ferdinand |
Capitán da Selección de fútbol de Inglaterra 2011–2012 |
Sucesor: Steven Gerrard |