Saltar ao contido

Joinville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJoinville
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 26°18′14″S 48°50′45″O / -26.3039, -48.8458
EstadoBrasil
Unidades da federaciónSanta Catarina Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación616.323 (2022) Editar o valor en Wikidata (547,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.126,106 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación9 de marzo de 1851 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativocâmara de vereadores de Joinville (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 19) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal89200-000 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico047 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil4209102 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webjoinville.sc.gov.br Editar o valor en Wikidata

Joinville é a máis grande cidade do Estado brasileiro de Santa Catarina (mais non é a súa capital). Foi fundada en 1851 por 191 familias de inmigrantes, orixinarias de Alemaña, Suíza e Noruega.

As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sede do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cubertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.

A cidade de Joinville.

Joinville ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II do Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, mais unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.

Hotel en Joinville con arquitectura en estilo alemán - chamada no Brasil de estilo enxaimel.

Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a denominación de Manchester catarinense.

Hoxe a súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso fácil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Río de Xaneiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.