Jon Favreau
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jonathan Favreau 19 de outubro de 1966 (58 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Educación | The Bronx High School of Science (en) Queens College |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, dirección de cine e guión cinematográfico |
Lugar de traballo | Chicago |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, produtor delegado, produtor creador, produtor de televisión, actor de xénero, actor de dobraxe, guionista, escritor, director de cinema, produtor de cinema, realizador |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Ficción especulativa e drama |
Familia | |
Fillos | Max Favreau, Madeleine Favreau, Brighton Rose Favreau |
Irmáns | Andy Favreau |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Jon Favreau, nado en Nova York o 19 de outubro de 1966, é un actor, guionista, produtor e director estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Favreau naceu no barrio de Flushing no distrito de Queens, fillo de Madeleine, unha mestra de escola que morreu de leucemia en 1979, e Charles Favreau, un mestre de educación especial[1]. Súa nai procedía dunha familia xudía de Rusia[2][3] e seu pai era católico de orixe italiana e franco-canadense[4][5][6]. Jon estudou nunha escola hebrea e tivo unha cerimonia Bar Mitzvah[7].
Logo de rematar a secundaria estudou no Queens College dende 1984 a 1987[8] pero acabou por abandonalo, e traballou por algún tempo en Bear Stearns de Wall Street antes de volver a Queens College durante o primeiro semestre de 1988 pero volveu deixalo. No verán de 1988 estableceuse Chicago para se dedicar á comedia[9], actuando en varios teatros dedicados á improvisación, como o ImprovOlympic e o Improv Institute[10].
Primeiros pasos como actor
[editar | editar a fonte]Durante a súa estadía en Chicago Favreau actuou como extra en filmes pero a súa primeiro papel relevante foi como o adestrador D-Bob no filme Rudy protagonizado por Sean Astin en 1993[11]. No ano seguinte apareceu no filme PCU con Jeremy Piven e nun episodio que se emitiu en 1994 de Seinfeld titulado "The Fire"[12][13].
Tras instalarse nos Ánxeles escribiu, e protagonizou con Vince Vaughn, a comedia dramática independente Swingers (1996). En 1997 apareceu na serie de televisión Friends, facendo de Pete Becker – o mozo millonario de Monica Geller que compite no Ultimate Fighting Championship (UFC) – durante varios episodios[14], e tamén apareceu na serie de sketchs Tracey Takes On... en 1996 e mais en 1997[15]
Volveu actuar con Piven en 1998 en Very Bad Things (1998)[16] e en 1999 protagonizou o filme para televisión Rocky Marciano, baseada na vida do boxeador Rocky Marciano[17]. No ano 2000 protagonizou Love & Sex con Famke Janssen[18] e apareceu en The Replacements como o obseso linebacker Daniel Bateman, e en The Sopranos interpretouse a si mesmo no episodio "D-Girl"[19][20]
2001-2015. Actor-director
[editar | editar a fonte]En 2001 dirixiu o seu primeiro filme, Made[21], protagonizada por el mesmo e Vince Vaughn.
Dirixiu o derradeiro episodio do drama universitario Undeclared en 2001, e interpretou o avogado Foggy Nelson na película de 2003 Daredevil (2003)[22][23]. Protagonizou The Big Empty (2003) dirixido por Steve Anderson[24].
O seu primeiro éxito de recadación como director veulle no outono de 2003 coa comedia Elf interpretada por Will Ferrell, Zooey Deschanel, James Caan e Peter Dinklage. Tamén en 2003, Favreau tivo un pequeno papel en Cando menos o esperas como Leo, o asistente persoal de Harry Sanborn[25]. En 2005 dirixiu a adaptación cinematográfica do libro Zathura de Chris Van Allsburg. Continuou a facer aparicións regulares en filmes e na televisión, co seu amigo Vince Vaughn deixouse ver na comedia románica The Break-Up e en My Name Is Earl encarnou un deplorable xerente dun negocio de comida rápida. Tamén apareceu no documental Wild West Comedy Show.[26] Tamén en 2005, Favreau apareceu como xuíz convidado e representante executivo de Sony Corporation na quinta semana do programa da NBC, The Apprentice para xulgar os esforzos de dous equipos para deseñar e construír un carro triunfal para publicitar o seu filme Zathura: A Space Adventure.[27]. Entre 2001 e 2005 presentou o programa de televisión Dinner for Five na canle por cable IFC.
O ano 2008 logrou coa transposición da banda deseñada ao cinema das aventuras do millonario e superheroe Tony Stark Iron Man, con estrea o 2 de maio un éxito mundial de crítica [28] e público[29], o que consolidou a reputación de Favreau como director [30]. O filme foi a primeira película de Marvel producida tras a súa alianza coa Paramount, e ademais de director, Favreau serviu como produtor executivo e apareceu nunha das primeiras escenas como Happy Hogan, o chofer de Tony Stark. Tamén escribu dous números dunha serie da Marvel Knights titulada Iron Man: Viva Las Vegas que se presentou en setembro de 2008 pero que se cancelou xa en novembro[31]. En 2008 encarnou a Denver, o grande irmán do protagonista, Vince Vaughn, no filme de Nadal Four Christmases.
En 2009 dirixiu a secuela das aventuras de Tony Stark, Iron Man 2 que tivo a estrea mundial nos Ánxeles o 26 de abril de 2010[32] e foi tamén un éxito de crítica e público.
Escribiu e protagonizou a comedia romántica Couples Retreat xunto con Vince Vaughn, e Kristin Davis como a súa muller[33]. Deulle voz a Pre Vizsla en varios episodios da serie de animación Star Wars: The Clone Wars.[34]
Foi produtor executivo do filme de Joss Whedon The Avengers.[35][36] En 2011 dirixiu o filme Cowboys & Aliens, mestura audaz de película do oeste e mais de ciencia ficción pero que foi unha decepción comercial e de crítica [37]. Favreau dirixiu o episodio piloto da serie de Revolution, serie da NBC e tamén foi un dos seus produtores xunto con J. J. Abrams[38]
En 2013 realizou outro episodio piloto, desta volta dunha serie baseada na novela About a Boy do británico Nick Hornby, pero no que a acción se desenvolve en San Francisco[39].
Dende 2016 continuación do éxito
[editar | editar a fonte]En 2016 dirixiu e produciu a adaptación de The Jungle Book para a Walt Disney Pictures que tivo a súa estrea o 15 de abril de 2016 con recoñecemento de crítica e de público[40]. Volveu encarnar a Happy Hogan no filme Spider-Man: Homecoming (2017), e foi produtor executivo de Avengers: Infinity War (2018). Non obstante, filmar unha escena da película, non se incluíu na exhibición en salas, pero si ao saír en formato Blu-Ray. En 2017 dirixiu o piloto da nova serie da CBS Young Sheldon[41]. Favreau tamén apareceu na secuela de Homecoming, Spider-Man: Far From Home[42]
En xullo de 2019 foi a estrea da adaptación de animación por ordenador do filme de Disney The Lion King[43], dirixindo por primeira volta un musical[43], ademais de producilo. O 29 de xullo a película superou a The Jungle Book como o filme con maior recadación da súa carreira, e tamén superou a recadación do filme orixinal[44].
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jon Favreau |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jewel, Dan (25 de novembro de 1996)."Swing and a Hit" Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.. People. vol. 46, #22.
- ↑ Bloom, Nate (28 de novembro de 2008). "Jewish Stars". Cleveland Jewish News.
- ↑ Weiss, Vered (1 de febreiro de 2015). "Jon Favreau Serves Up Warm, Feel Good Comedy, "Chef" On Netflix". Jewish Business News.
- ↑ Ryan, James (13 de outubro de 1996). "A Hollywood Scene He Knows Too Well". The New York Times.
- ↑ Pfefferman, Naomi (26 de decembro de 2003). "A Gift From Santa's Jewish Helpers". JewishJournal.com.
- ↑ Stack, Peter (18 de outubro de 1996). "Jon Favreau's 'Swingers' -- It's a Guy Thing". The San Francisco Chronicle.
- ↑ "The Arty Semite" Arquivado 25 de outubro de 2011 en Wayback Machine.. Forward.com .
- ↑ Suter, Bob (Outono de 2006). "Lighting Up the Arts: Extraordinary Queens College Alumni Who Have Gone on to Successful Careers in the Arts" (PDF). Q Magazine. Queens College. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2020. Consultado o 06 de agosto de 2019.
- ↑ ""Jon Favreau"". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2016. Consultado o 06 de agosto de 2019.
- ↑ Gillette, Amelie (7 de marzo de 2006). "Jon Favreau". The A.V. Club.
- ↑ Hayes, Britt (4 de xuño de 2013). "See the Cast of 'Rudy' Then and Now". ScreenCrush.
- ↑ Richardson, Seth (14 de xullo de 2014). "'PCU' 20 Years Later: 5 Ways The Film Predicted The Future". The Daily Caller.
- ↑ Rothman, Michael (5 de xullo de 2014). "On 'Seinfeld's' 25th Anniversary: 25 Actors You Forgot Were on the Show". ABC News.
- ↑ Dockterman, Eliana (29 de decembro de 2014). "8 Actors Who Got Their Start on Friends". Time.
- ↑ TV.com. "Tracey Takes On...". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 06 de agosto de 2019.
- ↑ Travers, Peter (25 de novembro de 1998). "Very Bad Things". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2020. Consultado o 06 de agosto de 2019.
- ↑ Angulo, Sandra P. (14 de maio de 1999). "Jon Favreau takes a swing at Rocky Marciano". Entertainment Weekly.
- ↑ Costa, Maddy (22 de setembro de 2000). "Lots more Mr Nice Guy". The Guardian.
- ↑ Sauter, Michael (1 de decembro de 2000). "The Replacements". Entertainment Weekly.
- ↑ VanDerWerff, Todd (11 de agosto de 2010). "The Sopranos: "D-Girl"/"Full Leather Jacket"". The A.V. Club.
- ↑ Giroux, Jack (12 de maio de 2014). "How Jon Favreau Made "Chef" His Own Flavor of Ice Cream". Film School Rejects. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 06 de agosto de 2019.
- ↑ Ng, Philiana (13 de marzo de 2011). "'Undeclared' Creator Judd Apatow: It Was a Weird Moment for Comedy". The Hollywood Reporter.
- ↑ McNary, Dave (22 de febreiro de 2002). "Daredevil has partner in Favreau". Variety.
- ↑ "The Big Empty (2003)". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2016.
- ↑ Foundas, Scott (4 de decembro de 2003). "Review: 'Something's Gotta Give'". Variety.
- ↑ "Vince Vaughn's Wild West Comedy Show: 30 Days & 30 Nights -- Hollywood To The Heartland". TV Guide.
- ↑ "Lost in Space". 1 de xaneiro de 2000 – vía IMDb.
- ↑ Yamato, Jen (1 de maio de 2008). "Iron Man is the Best-Reviewed Movie of 2008!". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ "Iron Man (2008)". Box Office Mojo.
- ↑ Adams, Sam (14 de abril de 2016). "Assessment of Jon Favreau's directing career from Iron Man to Chef to Jungle Book". Slate.
- ↑ "Behind the Scenes of Iron Man with Director Jon Favreau". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ Boucher, Geoff (28 de abril de 2010). "'Iron Man 2' premiere: It's like real life but different". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ "Trio of Ladies Going on Couples Retreat". TV Guide, 15 de outubro de 2008
- ↑ Joseph (27 de febreiro de 2014). "10 Actors You Didn't Realise Were In Star Wars: The Clone Wars". What Culture.
- ↑ Sneider, Jeff "No Favreau? 10 Directors Who Could Take Over 'Iron Man 3'" Arquivado 17 de decembro de 2010 en Wayback Machine., TheWrap.com..
- ↑ "Jon Favreau Will Not Direct Iron Man 3". "Vulture" (column). New York, 14 de decembro de 2010.
- ↑ Owen Gleiberman "Cowboys & Aliens Movie Review" Arquivado 28 de maio de 2014 en Wayback Machine.. Entertainment Weekly, 28 de xullo de 2011
- ↑ Bettinger, Brendan (8 de febreiro de 2012). "Jon Favreau to Direct NBC Pilot REVOLUTION; J.J. Abrams, Eric Kripke, and Bryan Burk Producing". Collider.
- ↑ "NBC Pilot Filmed in San Francisco". Nbcbayarea.com. 28 de marzo de 2013.
- ↑ "Disney Sets Release Dates for Alice in Wonderland 2 and The Jungle Book". comingsoon.net. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ ""Young Sheldon" Pilot (TV Episode 2017)". IMDb. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Schaefer, Sandy (17 de abril de 2019). "Spider-Man: Far From Home Release Date Moves Up 3 Days". Screen Rant.
- ↑ 43,0 43,1 "Disney and Jon Favreau Joining Forces on "The Lion King" - The Walt Disney Company". The Walt Disney Company. 28 de setembro de 2016.
- ↑ Van Boom, Daniel (29 de xullo de 2019). "The Lion King remake has already beaten the original Lion King at the box office". cnet.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019.
- Nados en 1966
- Nados en Queens
- Alumnos da Universidade de Nova York
- Actores de Nova York
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América