Jordi Ausàs
(2010) | |
Nome orixinal | (ca) Jordi Ausàs i Coll |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de marzo de 1960 (64 anos) La Seu d'Urgell, España |
Conselleiro de Gobernación e Administracións Públicas da Generalitat de Cataluña | |
12 de marzo de 2008 – 29 de decembro de 2010 ← Joan Puigcercós – Joana Ortega → | |
Alcalde de La Seu d'Urgell | |
24 de maio de 2003 – 11 de marzo de 2008 ← Joan Ganyet i Solé (pt) – Albert Batalla (pt) → | |
Q58218890 | |
1999 – 2008 | |
Deputado do Parlamento de Cataluña | |
30 de novembro de 1995 – 13 de marzo de 2008 Circunscrición electoral: Lleida (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | político, profesor de catalán |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya |
Jordi Ausàs i Coll, nado en La Seu d'Urgell o 3 de marzo de 1960, é un político catalán que pertenceu a Esquerra Republicana de Catalunya.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o pequeno de 4 irmáns. Casado e con tres fillos varóns, é profesor de EXB pola Universidade de Barcelona e mestre de catalán. Foi director da escola de Escaldes no Principado de Andorra. Ausentouse de La Seu d'Urgell na súa mocidade por motivos laborais da súa familia, pero volveu xa de adulto.
Foi Conselleiro de Gobernación da Generalitat de Cataluña. Foi alcalde de La Seu d'Urgell entre xullo de 2003 e o 11 de marzo de 2008. Dende 1995 é tamén deputado do Parlamento de Cataluña, sendo o candidato de ERC para a aínda non recoñecida vigairía do Alto Pireneo e o primeiro ou segundo (alternou) para a demarcación electoral da provincia de Lleida.
Na partido ERC ocupou o cargo de conselleiro nacional e no Parlamento de Cataluña presidiu a Comisión de Agricultura, Gandaría e Pesca (1999-2003).
Imputación nun caso de contrabando
[editar | editar a fonte]O 12 de xullo de 2012 foi detido pola policía catalá en colaboración coa Garda Civil xunto a outras seis persoas nunha operación de contrabando de tabaco dende Andorra. Jordi Ausàs presuntamente formaba parte dun grupo organizado especializado en contrabando deste produto e estímase en 300.000 euros o montante das súas actividades delituosas. A orde de prisión foi revogada en setembro do mesmo ano.[1][2]