Saltar ao contido

Vigairía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha vigairía (en catalán: vegueria, e antigamente vegueriu) é o territorio sobre o que tiña potestade un vigairo (veguer), autoridade delegada do conde ou vizconde, e posteriormente do rei, con xurisdición subsidiaria en territorios da Igrexa ou baronías. Foi unha institución do Principado de Cataluña, de orixe medieval, que durou dende o século XII ata ao século XVIII, cando foron substituídas por corrixidorías despois do Decreto de Nova Planta de 1716, e na Cataluña do Norte ata 1790 coa Revolución Francesa.

En Andorra, ata 1993 houbo dúas vigairías, a vigairía episcopal e a vigairía francesa, que eran as representacións dos dous coseñores e tiñas facultades políticas. Foron suprimidas coa aprovación da Constitución andorrana que atorgou aos antigos vigairos a figura de Xefe de Estado.

Actualmente en Cataluña hai un proceso de recuperación das vigairías. No Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006 reestablécese a vigairía como división tradicional con personalidade xurídica propia e con dúas funcións: o goberno intermunicipal de cooperación local e a organización dos servizos da Generalitat de Cataluña.