Jorge Inglés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1420 (Gregoriano) |
Morte | 1500 (Gregoriano) (79/80 anos) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Castela |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Arte sacra, Arte gótica e Pintura flamenga |
Jorge Inglés foi un pintor do século XV, nado en Inglaterra ou en Flandres, que chegou a Castela desde Flandres para decorar a Catedral Vella de Salamanca e foi o introdutor do gótico flamengo na zona.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hai poucos datos sobre a súa biografía e se ignora a data de nacemento e a de defunción. O seu apelido semella que era de orixe inglesa, mais tamén se pensou na flamenga. A única data certa e coñecida, referida a el, é o 5 de xuño de 1455,[2] cando Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana, deixou no seu testamento unha manda ao Hospital de Buitrago, na que ordenaba que se instalase na súa capela o «retablo dos Anxos, que mandei facer ao mestre Jorge Inglés, pintor...».[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Retablo da Virxe de Villasandino (Burgos)
- Retablo de san Xerome, no desaparecido Mosteiro de La Mejorada, de Olmedo (no Museo Provincial de Valladolid)
- Retablo dos Gozos de Santa María, da igrexa do Hospital de Buitrago, no que aparecen os retratos do marqués de Santillana e a súa muller como doantes (pertence á colección do duque do Infantado e, dende 2012, se expón entre os fondos do Museo do Prado.[2]
Tamén se lle atribúen un feixe de miniaturas de determinados códices da biblioteca do Marqués.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jorge Inglés". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 7 de decembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "El Museo del Prado exhibirá, durante un período de diez años, la primera pintura hispanoflamenca castellana documentada". museodelprado.es (en castelán). 24 de maio de 2012. Consultado o 7 de decembro de 2024.
- ↑ Gata Niño, J. A. (30 de setembro de 2007). "Inglés, Jorge". canalsocial.net (en castelán). Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 7 de decembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jorge Inglés |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gudiol Ricart, José (1943). Ediciones Universidad de Valladolid, ed. "Una obra inédita de Jorge Inglés" (PDF). Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología (en castelán) (Valladolid) (10): 159–163. ISSN 0210-9573. Consultado o 6 de decembro de 2024.
- Sánchez Cantón, Francisco Javier (1917). Sociedad Española de Excursiones, ed. "Maestro Jorge Inglés pintor y miniaturista del Marqués de Santillana". Boletín de la Sociedad Española de Excursiones (en castelán) 25 (2): 99–105. ISSN 1697-6762.