Saltar ao contido

Jorge de la Riva Barba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge de la Riva Barba
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
4 de decembro de 1944 – 24 de abril de 1946
← José del Valle Vázquez
Alcalde de Santiago de Compostela
1943 – 1946
← José del Valle VázquezJoaquín Sarmiento Garra → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Jorge de la Riva Barba, nado en Vigo en 1892 e finado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1950, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu dende a infancia en Santiago de Compostela. Foi apoderado do almacén Riva Hermanos, e en 1938 era director da Caixa de Aforros de Santiago.[1]

O 4 de decembro de 1943 o Subsecretario do Ministerio de Gobernación comunicou o cesamento de José del Valle Vázquez como alcalde de Santiago de Compostela por ser nomeado gobernador civil da provincia de Cuenca e o nomeamento como novo alcalde de Jorge de la Riva Barba. Foi alcalde entre 1943 e 1946[2] e deputado provincial. Foi procurador en Cortes na I Lexislatura das Cortes Españolas (1944-1946) en representación dos concellos da provincia da Coruña. Foi membro do Consello da Editorial Correo Gallego e La Noche e presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1950.[3][4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Fillo de Amalia Barba e irmán de Santiago de la Riva Barba. Casou o 16 de xullo de 1920 con Carmen Valdés y Fernández Cao-Cordido.[5]


Predecesor:
José del Valle Vázquez
 
Alcalde de Santiago
 
1943 - 1946
Sucesor:
Joaquín Sarmiento Garra
  1. "La Federación de Cajas de Ahorro de Galicia, ha celebrado su XVI Asamblea general". El Ideal Gallego. 26 de xuño de 1938. 
  2. Ermelindo Portela Silva, Historia de la ciudad de Santiago de Compostela.
  3. La Voz de Galicia, 6-6-1950, p. 5.
  4. El Correo Gallego, 6-6-1950, p. 3.
  5. "Una boda". El Compostelano. 16 de xullo de 1920.