José del Valle Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1916 Sabadelle, España |
Morte | 7 de xaneiro de 1982 (65 anos) Málaga, España |
Causa da morte | infarto |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
1949 – 1957 ← José García Hernández – Enrique Otero Aenlle → | |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 4 de decembro de 1944 – Jorge de la Riva Barba → Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1941 – 1943 ← Juan Gil Armada – Jorge de la Riva Barba → | |
Gobernador civil de Cuenca | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
José del Valle Vázquez, nado en Sabadelle (Chantada) o 8 de marzo de 1916 e finado en Málaga o 7 de xaneiro de 1982, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante da Comuñón Tradicionalista Carlista na que ingresou en 1931. Na guerra civil combateu no bando franquista como tenente da Legión Española, foi ferido e obtivo a condición de cabaleiro mutilado. Foi xestor da Deputación da Coruña, delegado comarcal de Información e Investigación e alcalde de Santiago de Compostela (1941-1943).[1] Foi procurador nas Cortes Españolas durante a primeira lexislatura do franquismo (1943-1944). En outubro de 1943 foi nomeado Xefe provincial do Movimiento e gobernador civil de Cuenca. Foi gobernador de Lugo de 1948 a 1957. Posteriormente foi Delegado Provincial de Vivenda (ata 1972), Administrador de Bens da Diocese de Lugo e xerente de Radio Popular de Lugo.
O 23 de maio de 1963, diante da campaña pola liberdade relixiosa, e a marcha do Concilio Vaticano II, firma como representante carlista de Galicia o manifesto: El carlismo y la unidad religiosa.[2] Finou a consecuencia dun infarto no barco que o levaba de Melilla a Málaga o 7 de xaneiro de 1982.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Teresa Chousa García e foi pai de José María, Santiago, Carlos, Fernando, Antonio, María Teresa, Darío e Javier del Valle Chousa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ABC-Madrid, 9 de outubro de 1943. Datos Biográficos de los nuevos Jefes Provinciales.
- ↑ Un poco de historia: El Carlismo durante Franco
- ↑ La Voz de Galicia, Lugo, 8-1-1982, p. 26.
- ↑ La Voz de Galicia, 9-1-1982, p. 63.
Predecesor: Juan Gil Armada |
Alcalde de Santiago 1941 - 1943 |
Sucesor: Jorge de la Riva Barba |