Saltar ao contido

José Alborés Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Alborés Gándara
Biografía
Nacementoc. 1906 Editar o valor en Wikidata
Vimianzo, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1993 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
Vimianzo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vimianzo
20 de febreiro de 1936 – xullo de 1936 (destitución) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Alborés Gándara Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8533

José Alborés Gándara, nado en Vimianzo cara a 1906 e finado no mesmo concello o 6 de abril de 1993,[1] foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Afiliado a Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular, foi nomeado alcalde de Vimianzo o 20 de febreiro de 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto co secretario Andrés García Ferreiro tratou de evitar que os veciños se enfrontasen aos golpistas alzados en Zas. Reclamado polo xulgado de Corcubión en outubro de 1936.[2] Logrou fuxir e estivo agochado durante 14 anos en Ponteceso, Traba de Laxe, Muxía, Vimianzo e Cee até que se entregou en 1950. Reabriuse o seu proceso e foi xulgado na Coruña por rebelión militar, e condenado a 15 anos de prisión, pero foi inmediatamente indultado. O seu irmán Manuel Alborés Gándara foi executado en Ordes.

Após o seu indulto foi o contratista responsábel das obras de construción dos campanarios do santuario da Virxe da Barca, proxectados por Peregrín Estellés e finalmente inaugurados en 1959.[3][4]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Vimianzo
 
1936
Sucesor:
José Rivera Graíño
  1. La Voz de Galicia, Carballo, 8-4-1993, p. 35.
  2. BOE, 6-6-1937, p. 1781.
  3. "Medio siglo de las torres de la Barca". La Voz de Galicia. Consultado o 2016-08-23. 
  4. Buserana, Proxecto. "D.ROMUALDO BENTÍN E AS TORRES DA BARCA". Proxecto Buserana. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-23.