Saltar ao contido

Andrés García Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés García Ferreiro
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1894 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, execución por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGavilán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3517

Andrés García Ferreiro, coñecido como Gavilán, nado na Coruña o 17 de setembro de 1894 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1937, foi un avogado e político galego.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Avogado de profesión. Foi secretario do concello de Quintela de Leirado (1925). Militou na masonería, pertencendo á loxa barcelonesa Humanidad nº 3 e a Fraternidad Humana de Viveiro. Pertenceu á Agrupación Socialista de Viveiro, da que foi elixido presidente o 24 de abril de 1931. Participou nun mitin con Agapito García Atadell e Manuel Cordero Pérez en maio de 1931. Foi secretario do concello de Ortigueira en 1932. Obtivo a praza de secretario municipal do concello de Vimianzo en 1936. Trasladouse a Vimianzo onde tomou posesión do cargo o 28 de marzo, relevando ao anterior titular acusado de malversación de fondos. Participou na manifestación para expropiar as Torres de Martelo o 22 de xullo de 1936.

Considerado como un home liberal e tolerante, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto co alcalde José Alborés Gándara, tratou de evitar que os veciños se enfrontaran aos golpistas alzados en Zas. Ao tomar as tropas o concello o día 25 de xullo, foi detido xunto con Francisco Lema Sendón e Manuel Alborés Gándara.[3] Xulgado en consello de guerra por rebelión militar o 24 de febreiro de 1937 con Ramón Carballo Tajes, Ventura Andújar Méndez, Constante Campa Santos, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema, foi condenado a condenado a morte e fusilado en Punta Herminia (A Coruña) o 15 de marzo de 1937. Aínda que solicitou en varias ocasións clemencia ao tribunal que o xulgou, non se atenderon as súas peticións. A súa familia foi desposuída de parte dos seus bens. En xaneiro de 1943 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[4]

O ministerio de Xustiza levantou en 2010 unha acta de "Declaración de reparación e recoñecemento persoal" por ser condenado inxustamente. O concello de Vimianzo fíxolle unha homenaxe en xullo de 2011.[5]

  1. "García Ferreiro fue un hombre liberal y tolerante", La Voz de Galicia", 21 de xullo de 2011, consultado o 17 de xullo do mesmo ano.
  2. Recuerdo a una víctima del franquismo, La Opinión, 26 de xullo de 2011, consultado o 27 de xullo do mesmo ano.
  3. "Sucesos en Vimianzo" La Voz de Galicia, 2-8-1935, p. 2.
  4. BOP A Coruña, 26-1-1943, p. 2.
  5. Vázquez, Paula (23-7-2011). "Vimianzo ensalza la democracia con el homenaje a Andrés García". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3-4-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. p. 341. ISBN 978-84-95773-26-5. 
  • Lamela, Luis (1995). Crónica de una represión en la Costa da Morte. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-758-7. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]